Cambio exotico
Ao mar non se lle poden pór barreiras, é un medio aberto, continuo, polo que non debería estrañarnos que polas nosas augas poidan aparecer peixes doutras zonas do planeta. Algo que non é estraño, xa que o fondo mariño mostra unhas condicións similares, é por encima dos
é por tanto un fenómeno global e unha das claras manifestacións da man do home no medio ambiente. Peixes moluscos e crustáceos nadan cara ao norte, porque a súa contorna natural xa non presenta a temperatura necesaria para sobrevivir ou por falta de alimento no seu propio ecosistema.
Nas investigacións do biólogo Rafael Bañon reflicten que en galicia desde 1996 atopáronse 23 especies novas de peixes exóticos como os carangidos tropicais, o dentón, o pedregal negro, a anguía rallada, a corneta colorada.
As aparicións destes estraños peixes asombran sempre. E, ás veces, xeran temor. Ocorreu en Portosín, no verán de 2007, cando uns pescadores recolleron unha anchova, coñecida como lobo de mar pola súa agresividade. Un gran depredador, que mata aínda que non teña fame, orixinario do Mediterráneo, o mar Negro, a costa africana e o Atlántico occidental desde Estados Unidos a Brasil.
Estamos ante un cambio ecolóxico? Quizais sexa pronto para sabelo, pero seguen aparecendo indicios de variacións, quizais producidos pola sobrepesca, quizais pola contaminación. Poderíase dicir que isto tan só sexa unha hipótese ou quizais?
No hay comentarios:
Publicar un comentario