miércoles, 29 de octubre de 2008

O Ártico bate o seu segundo record en perda de grosor

Unha investigación publicada recientemente en 'Geophysical Research Letters' revela que o último inverno o xeo de grandes áreas do océano boreal perdeu até un 19 por cento do seu espesor.
As medicións facilitadas polo satélite Envisat, da Axencia Espacial Europea (ESA), confirmaron as sospeitas. O ano 2007 non foi só catastrófico polo colapso estival da banquisa ártica - marca histórica-; tamén o inverno marcou un fito negativo desde que existen os rexistros. Na estación na que a superficie do mar ártico volve xearse, o grosor medio do xeo foi un 10 por cento menor - uns 26 centímetros- que a media do último lustro. En áreas concretas do Ártico occidental o adelgazamento da capa alcanzou os 49 centímetros.
Os cambios no espesor do manto de xeo ártico son cruciais para coñecer mellor a evolución xeral do océano setentrional e como inflúe na perda de extensión debida ao incremento das temperaturas, o réxime de correntes e ventos mariños.

O altímetro incorporado no Envisat proporciona a terceira dimensión ás imaxes satelitales que xa documentaron o dramático declive da superficie do Ártico cuberta polo xeo. Este verán alcanzouse a segunda marca de desxeo estival, a pouca distancia do límite crítico do ano pasado As últimas medicións obrigaron a revisar as peores expectativas sobre un desxeo total do Ártico durante os meses de verán. Para algúns dos máis prestixiosos institutos de investigación polar, este efecto dramático do cambio climático podería ser realidade antes de 2030. O Ártico está inmerso nun proceso de declive imparable. A alza das temperaturas funde cada vez maior superficie de xeo mariño e durante o inverno o xeo estacional non engrosa o suficiente para converterse en xeo vello, capaz de aguantar as fluctuaciones plurianuais da banquisa.

Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios: