miércoles, 29 de octubre de 2008

O CAMBIO DE BOTELLA

A delegada de Medio Ambiente de Madrid, Ana Botella, presentou esta mañá o programa educativo infantil "para loitar contra o cambio climático" no colexio San Agustín, e fíxoo apenas unha semana despois de que o seu marido, José María Aznar, dubidase da existencia deste fenómeno e denunciase que a ecoloxía é o "novo comunismo". Con Botella sentada na primeira fila do auditorio.

Os alumnos do San Agustín puideron coñecer de primeira man unha serie de trucos e hábitos "fáciles de seguir", que hai que procurar aplicar "sempre" e cos que "podemos coidar cada un o mundo que habitamos", dixo a delegada, que fixo dúas recomendacións básicas aos nenos: "reciclar e aforrar enerxía". Os videoxogos, destinados a nenos de entre seis e dez anos, describen a historia dos sustentables, uns extraterrestres que se viron obrigados a saír correndo do seu planeta porque estaba tan contaminado que se volveu inhabitable. Estes seres, simpáticos, amables e pacíficos, aprenderon a lección e agora queren ensinar aos humanos a coidar a Terra para evitar que lles suceda o mesmo que a eles. Os sustentables pretenden que a súa mensaxe ambiental cale en todos os terrícolas, especialmente nos chamados infogales que, identificados cun casco que lles impide ver, son seres humanos especialmente tercos, irresponsables e insensibles ao coidado do medio ambiente. Pero xogando mesmo os infogables aprenden condutas sustentables e convértense en humanos sensibles.

Hai seis días, a propia Botella aplaudiu en primeira fila o discurso do seu marido contrario aos postulados da ecoloxía. José María Aznar, o presidente do Goberno que asinou o Protocolo de Kioto en 1998 para loitar contra o cambio climático, cargou contra "os abanderados da apocalipse climática", aos que acusou de querer restrinxir a liberdade baixo unha apariencia nobre. Aznar falou así na presentación do libro Planeta azul (non verde) do presidente checo, Václac Klaus, que nega a gravidade do quecemento climático e que editou FAES, curioso...en fin, cosas do matrimonio!

No hay comentarios: