miércoles, 29 de octubre de 2008

Co ritmo de consumo que levamos no 2030 necesitaremos dous planetas

O Fondo Mundial para a Natureza, sinala no seu último informe Planeta Vivo que máis de tres cuartas partes da poboación mundial vive en países cuxos niveles de consumo levan a dianteira á renovación ambiental.
O estudo conclúe que o consumo imprudente de "capital natural" está a pór en perigo a prosperidade futura do planeta, con claros impactos económicos como a subida do custo de alimentos, auga e enerxía.
"Se as nosas demandas sobre o planeta continúan aumentando ao mesmo nivel, para mediados da década de 2030 necesitariamos o equivalente a dous planetas para manter o noso nivel de vida", dixo o director xeral de WWF Internacional, James Leape.
O traballo indica que a "pegada" ou desgaste ambiental supera agora a capacidade do planeta para rexenerarse nun 30 por cento. Por países, Estados Unidos e China son os que máis desgaste ocasionan, segundo WWF.
Estados Unidos e Australia figuran entre os cinco países coa maior taxa de impacto ambiental por persoa, xunto cos Emiratos Árabes Unidos, Kuwait e Dinamarca.
No outro extremo da lista atópanse Bangladesh, Congo, Haití, Afganistán e Malaui, dixo WWF. Por rexións, só a Europa extracomunitaria, África, Latinoamérica e o Caribe seguen nos límites da "biocapacidad".
Jonathan Loh, da Sociedade Zoológica de Londres, sinalou que as dramáticas perdas ecolóxicas por mor da contaminación, a deforestación, a sobrepesca e a conversión de terras estaban a ter un impacto grave. E concluíu que "As consecuencias dunha crise ecolóxica mundial son aínda máis graves que a crise económica actual".

No hay comentarios: