O burato na capa de ozono medra no 2008
O buraco de ozono volveu a medrar. Tras unha lixeira recuperación en 2007, o estrechamiento da capa de ozono que se sitúa sobre a Antártida é maior este ano, tanto en extensión como en volume, segundo dá a coñecer a Axencia Espacial Europea (ESA).
Este ano, a zona de estrechamiento da capa de ozono alcanzou os 27 millóns de quilómetros cadrados, en comparación cos 25 millóns de quilómetros cadrados do ano pasado. A marca do buraco bateuse en 2006, cun tamaño de 29 millóns de quilómetros cadrados, unha superficie equivalente a toda Norteamérica.
A perda de ozono é provocada por temperaturas extremadamente frías a altitudes moi elevadas e pola presenza de determinados gases destrutores de ozono como os clorinos e os brominos, que proveñen de produtos artificiais como os clorofluorocarbonos (CFC). O Protocolo de Montreal de 1987 prohibiu fabricar estes compostos -que por ser de orixe humana non existen na natureza-, pero aínda permanecen suspendidos na atmosfera.
Dependendo das condicións climáticas, é normal que cada ano o tamaño do buraco de ozono varíe. Durante o inverno austral, a atmosfera xusto por encima da Antártida permanece illada dos intercambios de aire das latitudes medias, polo que prevalecen os ventos coñecidos como o vórtice polar. Aí é onde ten lugar gran parte da destrución química do ozono.
Cando chega a primavera á rexión antártica, entre setembro e outubro, a combinación da radiación solar e a presenza de nubes estratosféricas causa unha liberación de clorinos radicais, moi reactivos co ozono, que rompen o ozono e descompono en moléculas de osíxeno individuais. Unha única molécula de clorino ten o potencial de descompor miles de moléculas de ozono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario