Natalidade e Cambio Climático
O presidente da Unión Internacional da Natureza, fixo un chamamento ao control da natalidade e da demografía do planeta como vía para reducir as emisións de gases invernadoiro e a presión ambiental sobre os recursos.
Ashok Khosla, apuntou que o incremento demográfico do planeta ten unha influencia directa no aumento do carbono na atmosfera, polo que se mostrou partidario dun control da natalidade, fomentando a incorporación da muller ao mundo laboral, sobre todo nos países en desenvolvemento.
O novo presidente da UICN -o maior 'lobby' ambiental do planeta, con representantes de gobernos, ONG, científicos e de organizacións ecoloxistas e indíxenas- recoñeceu que, aínda que este tipo de formulacións non son do todo populares, el é partidario de fomentar familias cun menor número de membros, que posibilite unha demografía mundial máis reducida no ano 2050.
Os países desenrolados e os que están en fase de desenrolo somos os que máis gases causantes do efecto invernadoiro emitios. Nestes países o índice de natalidade é moi baixo, incluso en países como China a maioría das parellas só teñen un fillo. Pola contra nos países subdesenrolados o índece de natalidade é alto, pero debido a escasez de recursos cos que contan, as súas emisións son minúsculas comparadas cas nosas.
Qué tipo de proposta fai este señor? Foi consciente do que estaba decindo? Este home é o presidente do maior lobby a nivel planetario.... así vai o medioambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario