OSOS, PETROLEO E CAMBIO CLIMATICO
O goberno do estado de Alaska consultou o traballo de polo menos seis científicos que son recoñecidos escépticos en canto aos perigos e causas do quecemento global, para apoiar os seus esforzos a favor de que os osos polares deixen de estar protexidos como especie en perigo de extinción. Algúns deles estaban financiados pola industria petroleira.
A situación dos osos polares converteuse nun campo de batalla no debate sobre o quecemento global. En maio, o departamento do interior de Estados Unidos rexeitou as obxeccións da gobernadora de Alaska e puxo ao oso na lista de especies en perigo, dicindo que era probable que dous terzos dos osos polares do mundo extinguíronse cara ao 2050, debido ao rápido derretimiento do xeo mariño.
Nun intento por revogar a resolución a gobernadora de Alaska respondeu o mes pasado demandando legalmente ao goberno federal (o caso será visto en xaneiro). Na súa demanda legal, Alaska dixo que se opuña á etiqueta de especie en perigo en parte porque a lista “desalentaría actividades talles como... a procura e desenvolvemento do petróleo e o gas”.
A protección a esta especie ameazada tamén podería impedir a construción dun gasoduto de gas natural alaskano, ao que Palin chamou a “vontade de Deus”. Nunha carta enviada en 2007 ao secretario do Interior, dicíase que a poboación de osos polares era “abundante, estable, e non está ameazada pola actividade humana directa”. Opúxose ao chamado para incluílo na lista porque “non se está utilizando a mellor información científica e comercial disponible”.
No informe argumentábase que era “certamente prematuro, se non imposible”, conectar a elevación da temperatura en Alaska coas emisións de CO2 humanas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario