As doce pragas do cambio climático
Alertan de que as enfermidades do mundo animal poden dar o salto aos humanos.
A Sociedade para a Conservación da Fauna Salvaxe (Wildlife Conservation Society-WCS) alertou onte no congreso da UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) que se celebra en Barcelona que o cambio climático traerá da man a propagación de doce graves enfermidades a través dos animais. Díxoo Steven Sanderson, presidente da oenegué, nunha conferencia de título clarificador: As Doce da Morte: enfermidades do mundo natural na era do cambio climático.
A teoría de Sanderson é que as enfermidades infecciosas, hoxe convertidas en endémicas en determinados países, poderían explotar cun cambio de temperaturas ou un aumento das precipitacións e dar o salto para chegar a todo o mundo. Sanderson comentou que «o 60% dos patógenos susceptibles de afectar os humanos, e máis do 75% dos xurdidos nas últimas dúas décadas, son de orixe animal» e o doutor William Karesh, que participou no estudo, engadiu: «Toda perturbación no medio ambiente ten efectos inmediatos sobre os animais salvaxes porque non poden adaptarse rapidamente».
A lista que ofrece WCS é:
1. Gripe aviar
2. Marea roxa
3. Parásitos intestinais
4. Enfermedade do sono
5. Tuberculose
6. Febre amarela
7. Cólera
8. Peste
9. Ébola
10. Enfermedade de Lyme
11. Babebiosis
12. Febre do Val de Rift
Fonte: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario