Carbón = cambio climático
A torre de refrixeración da central térmica de carbón das Pontes, na Coruña, luciu en plena noite unha estampa algo diferente á habitual.
Activistas de Greenpeace escolleron a central galega por ser "a maior fábrica de cambio climático de España e unha das maiores de Europa" e proxectaron sobre o cemento da torre unha serie de imaxes que denuncian os efectos futuros do cambio climático.
España é o cuarto consumidor de carbón da Unión Europea, e o 64% do CO2 que emite o sector eléctrico provén das centrais térmicas de carbón, que só proporcionan o 23% da electricidade.
Esta acción enmárcase dentro da campaña de Greenpeace: "Salvemos o clima: abandonemos o carbón". A denuncia é unha chamada de atención dirixida, entre outros, aos parlamentarios europeos, que se van a reunir o próximo día 7 de outubro, para tomar decisións sobre como combater o cambio climático.
Fonte: EFE
No hay comentarios:
Publicar un comentario