Bruxelas quere que todos os coches circulen con luces diúrnas a partir de febreiro de 2011
A Comisión Europea propuxo obrigar aos fabricantes automobilísticos a equipar a todos os vehículos novos con luces de día a partir do ano 2011 co obxectivo de aumentar a súa visibilidade e reducir así o número de accidentes de tráfico.
Para acougar aos escépticos, o Executivo comunitario destacou que se trata dunha tecnoloxía especificamente destinada a unha utilización diúrna, polo que será moito máis eficaz que os sistemas de iluminación existentes. Ademais, o seu consumo de enerxía só representa entre o 25% e o 30% do dos faros normais e pode reducirse ao 10% se se utilizan diodos electroluminosos.
Segundo a proposta da CE, este sistema de luces de día activarase automaticamente cando o motor arranque e desactivarase cando o condutor acenda os faros de noite. O Executivo comunitario explicou que nos países onde as luces diúrnas xa son obrigatorias, o impacto sobre a seguridade foi moi positivo.
"A visibilidade dos coches, dos camións e dos autobuses equipados con luces diúrnas mellorará, o que reforzará a seguridade viaria. Este tipo de iluminación axudaranos a alcanzar o noso obxectivo de reducir o número de mortos nas estradas europeas e ao mesmo tempo será máis eficiente desde o punto de vista enerxético que os faros actuais", dixo o vicepresidente da Comisión e responsable de Industria, Günter Verheugen.
A norma proposta polo Executivo comunitario prevé que, a partir do 7 de febreiro de 2011, todos os novos tipos de vehículos particulares e de camionetas pequenas de repartición estean equipados con luces de día. Aos camións e autobuses dáselles 18 meses máis para adaptarse, até agosto de 2012.
Nós preguntámonos é necesaria esta medida en tódolos países da UE? en España onde temos unha alta intensidade de luz non estaríamos derrochando enerxía?
Cada país da UE ten as súas peculiaridades e para adoptar medidas non se debe medir todos polo mesmo raseiro.
Fonte da noticia: El País
No hay comentarios:
Publicar un comentario