RISCOS CLIMATICOS
O aumento das temperaturas que vivirá España nas próximas décadas como consecuencia do cambio climático terá tamén importantes efectos na saúde da poboación. Principalmente porque con menos choivas, que ademais caerán cada vez con máis frecuencia de forma torrencial, e as temperaturas medias máis altas experimentarase unha perda na calidade do aire, especialmente polo aumento das partículas en suspensión. Un segundo problema para as enfermidades respiratorias será o incremento das alerxias, xa que se adiantará e estenderá o calendario da alta concentración do pole. Os estudos realizados conclúen que a final de século a floración da oliveira podería adiantarse ata 24 días, mentres que a da aciñeira chegaría a ter ata 57 días de adianto. O estudo pon de manifesto como un dos principais problemas para a saúde co cambio climático será o incremento das intrusions de aire desde África, o que aumentaría os niveis de po e cinza.
O aumento da temperatura no verán, cun incremento xeneralizado de entre tres e oito graos para o último terzo de século, incrementará tamén a frecuencia de días considerados extremadamente calorosos, cos perigos que supoñen as chamadas ondas de calor. A suma destes dous elementos -altas temperaturas e peor calidade de aire- fai que aumente o risco de enfermidade e morte entre os nenos e os maiores de 65 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario