Guía para axudar ás cidades a loitar contra o Cambio Climático
O Banco Mundial publicou unha guía interactiva para axudar aos gobernos locais de todo o mundo a protexer e preparar ás súas cidades contra posibles desastres naturais consecuencia do cambio climático.
Este organismo forma xa parte da Estratexia Internacional das Nacións Unidas para a Redución de Desastres e do Servizo Mundial para a Redución e a Recuperación de Desastres.Baixo a lema "Cidades resistentes ao clima", a guía que agora presenta o Banco Mundial busca axudar ás autoridades locais a reducir a vulnerabilidade das cidades aos embates do cambio climático e a fortalecer a súa xestión de riscos de desastres."Despois de todo", explica o Banco Mundial na súa páxina web, "oito das dez urbes máis poboadas do planeta están situadas preto dun río ou do mar, e xa están expostas a riscos como inundacións, terremotos, tifones e infraestrutura deficiente".
Ao considerar que os fenómenos climáticos son "cada vez máis frecuentes e devastadores", o Banco Mundial insta os concellos a empezar a planificar a forma de facer fronte a estes efectos, "antes de que sexa demasiado tarde".
A Guía "Cidades resistentes ao clima" calcula que por cada metro de subida do nivel do mar producirase unha perda do 2% no Produto Interno Bruto debido á escaseza de auga doce, danos á agricultura e á industria pesqueira, a interrupción do turismo ou a redución da seguridade enerxética.
"Comprender" os factores que "fan vulnerable a unha cidade" é o punto de partida do traballo que expón o Banco Mundial. Con este fin, a guía ofrece ferramentas para identificar os "puntos débiles" dunha cidade, así como para loitar contra os desastres naturais desde a propia planificación e xestión urbana.
Finalmente, alenta ás cidades a adoptar plans de adaptación ao cambio climático e de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, e mostra exemplos de boas prácticas de cidades que xa afrontaron esta ameaza ambiental "con seriedade", como Milán, Tokio ou Nova York.

No hay comentarios:
Publicar un comentario