Da troita o "blabla"
Unha das tardes deste verán paseando por un embalse vimos algúns pescadores, preto deles decidimos sentarnos un anaco e pensar qué facer despois.
Estando alí escoitei o pescador que estaba máis preto de min decir: "vaia outro blabla". Cada vez que este home levantaba a caña e collia entre as súas mans un peixe decía eso do "blabla". Curiosa de min nunha desas levanteime e fun cara o pescador, para entrablar conversación debino abarcar con algo así como "qué pican ou non pican"; o home contestou con "bueno van picando". Despois de estar mirando un rato as artes e destrezas deste sabio na pesca pregunteille qué pescaba e él contestou que antes pescaba troitas, pero que xa casi non hai, que ahora pescaba outro peixe que se chamaba "blabla", que o é un peixe que introduciron nos ríos para os aficionados a pesca; e dende que está éste as troitas están desaparecendo. A medida que o home falaba dábame conta de que estaba falando do black bass esa especie invasora americana introducida nos nosos ríos.
O cabo dunhas horas de que pasara esto fomos cear a un restaurante en que o único menú e a base de troitas. Para poder degustar este manxar teñen unha pequena picifactoría, na cal facilitanche unha rede para que ti "pesques" as troitas que queiras comer.
Paradoxas da vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario