lunes, 26 de abril de 2010

En España hai máis de medio millón de empregos verdes, un 2,62 % da poboación ocupada

O sector das renovables é o que máis medrou multiplicándose por 30 o número de empregos nunha década. As estimacións apuntan a unha forte creación de emprego verde co novo marco normativo e o cambio no modelo produtivo orientado cara a sustentabilidade.

O emprego en actividades relacionadas co medioambiente en España representa xa o 2,62% da poboación ocupada cun total de 530.947 postos de traballo. Este é un dos datos do informe Emprego Verde nunha economía sostible elaborado polo Observatorio da Sustentabilidade en España (OSE) e a Fundación Biodiversidade dentro dunha iniciativa do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. A finalidade é coñecer mellor as posibilidades de xeración de emprego vinculadas coas actividades ambientais.

O incremento do denominado emprego verde en España na última década foi do 235%. Excluíndo as partidas que neste estudio non se consideran emprego verde sobre a estimación de 1998, o cambio experimentado entre este ano e a actualidade é moi considerable ó pasar de uns 158.500 postos de traballo en 1998 a case 531.000 en 2009, máis do triple.

PRINCIPAIS SECTORES
O 20,6% do total de empregos verdes actuais concéntranse no sector de renovables, no que se ocupan 109.368 postos de traballo, cifra que só é superada polo sector adicado á xestión e tratamento de residuos , con 140.343 postos de traballo. O sector de renovables é o que máis creceu, multiplicándose por 30 o número de empregos nunha década.
A agricultura e gandería ecoloxistas representan un 9,48% do total de empregos verdes en España, pero atópanse en plena expansión. De feito, as enerxías renovables e a agricultura ecolóxica presentan un gran potencial para a xeración o reconversión de postos de traballo.
As cifras de emprego verde incrementaranse nos próximos anos co marco normativo que empurra cara un novo modelo económico máis sostible, segundo sinala o informe, destacado os novos xacementos de emprego en sectores emerxentes.

NOVOS XACEMENTOS DE EMPREGO VERDE
A economía sostible ten nas actividades de xestión de residuos e nas enerxías renovables os seus principais xeradores de emprego. Os campos das tecnoloxías da información e a comunicación, a rehabilitación e edificación sostible, o turismo sostible, actividades específicas relacionadas coa mitigación ou adaptación ó cambio climático, a mobilidade e transporte sostibles, a economía da biodiversidade, os cultivos agroenerxéticos, o sector do automóbil ecoeficiente e a ecoloxía industrial, son algúns dos novos xacementos de emprego verde que presentan un alto potencial laboral.
A rehabilitación ecoenerxética e a mitigación e adaptación ó cambio climático serán protagonistas de importantes incrementos de emprego verde xunto co sector das enerxías renovables en España e o transporte sostible.
Estimacións apuntan que para 2020 os sectores ambientais emerxentes (ecoindustria, enerxías renovables, edificación sostible, turismo sostible, agricultura ecolóxica e transporte sostible) terán un incremento de máis de un millón de empregos.
Avanzar cara unha economía sostible con leva un novo despegue de emprego que conxuga a xeración de beneficios, a redución das desigualdades sociais e a protección e mellora do entorno mediante a inversión nunha nova serie de activos baseados nas tecnoloxías limpas e eficientes, na ecoinnovación e nas enerxías renovables.
"O modelo produtivo debe oriéntase cara procesos menos intensivos en materia, enerxía e carbono, o cal irá consolidando, a súa vez, unha resposta estratéxica para facer fronte ó cambio climático".

No hay comentarios: