jueves, 23 de julio de 2009

Nova Convocatoria os Premios Europeos de Medio Ambiente á empresa

As empresas galegas interesadas en participar nos "Premios Europeos de Medio Ambiente para as empresas" deberán dirixir as súas candidaturas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para o seu trámite a optar á sección galega, á española e á europea.

Aquelas empresas interesadas en participar, seguindo os criterios das bases dos premios citadas, poderán ser asesoradas tecnicamente na formulación da súa candidatura póla Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ben a través do número de teléfono 986 805 026 do Servizo de Información Ambiental ou solicitándoo por escrito a esta secretaría xeral.

Obxecto dos premios: Os Premios Europeos de Medio Ambiente á empresa, convocados pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, teñen como obxectivo recoñecer publicamente aquelas organizacións que coa súa actuación contribúan ao cumprimento dos principios do desenvolvemento sustentable e cuxos esforzos poidan supoñer un avance cara a un desenvolvemento económico e social que preserve o ambiente. Estes premios son organizados e coordinados en España pola Fundación Entorno.

Convoca: Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.

Prazo: Ata o 28 de setembro de 2009

Nos seguintes enlaces poden consultar as bases e os formularios:


Formularios: http://www.siam-cma.org/siam/recursos/pdf/FolletoFormularios2009.pdf (deberá ir cuberto en castelán)

Os galardoados en convocatorias anteriores podédelos consultar na páxina web da Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no enderezo:

No hay comentarios: