jueves, 30 de julio de 2009

Conduce eficcientemente

Un estudio levado a cabo pola Confederación Nacional de Autoescolas comprobou que unha conducción eficiente permite a un turismo que recorra o ano uns 15.000 Km aforrar entre 255 e 400 euros de combustible, o que se traduciría na redución duns 375 Kg de CO2.
O Goberno quere que no examen para opter o carnet de conducir sexa obrigatorio coñecementos teóricos e prácticos sobre a conducción eficiente.

Deixámosche uns consellos útiles para que empeces a conducir eficcientemente:
1. Arranque:
- Arranca co motor sen pisar o acelerador
- Nos motores de gasolina, inicia a marcha inmediatamente despois de arrancar
- Nos motores diéses, espera uns segundos antes de comenzar a marcha
2. Utiliza só a 1ª para o inicio da marcha
3. As marchas
- Circula o máximo posible nas marchas máis largas
- É preferble circular en marchas largas co acelerador pisado en maior medida que en marchas máis cortar e co acelerador menos pisado.
4. A velocidade mantela o máis uniforme posible; buscar fluidez na circulación, evitando os frenazos, aceleracións e cambios de marcha innecesarias.
5. Deceleración
- Levanta o pe do acelerador e deixar rodar o vehículo ca marcha metida nese instante
- Frea de forma suave co pedal de freo
- Reducir a marcha o máis posible, con especial atención as baixadas

martes, 28 de julio de 2009

Incendios Forestais

Entre o 3 e o 15 de agosto do 2006 en Galicia rexistráronse máis de 1.970 incendios forestais que arrasaron principalmente as pronvincias de A Coruña e Pontevedra. A cifra de hectáreas queimadas foi de 92.058 (datos de CSIC), ademáis desta tremenda perda houbo que sumar a traxedia de catro personas mortas e un ferido moi grave.

Consultando diversas fontes a maioría da poboación galega non recordaba ningunha oleada de incendios tan impresionante, que chegou a acorralar a moitas localidades, facendo incluso difícil respirar.

As causas de tantos incendios aínda non se chegaron a esclarecer, algúns apuntan a casualidade (condicións climatolóxicas moi favorable a incendios), outros a cuestións políticas, outros a especulación .... O que sí é corroborable é que foron detidas máis de 30 persoas en menos nun mes, e que se chegaron a deter a máis de 60 pirómanos.

Estes días que escoitamos nos medios de comunicación os devastadores incendios que están a sufrir as Comunidades de Aragón, Cataluña e Extremadura non podemos evitar acordanos dun pasado moi fresco na nosa memoria.

Por eso dende aqui mandamos todo a nosa solidaridade e apoio as comunidades autónomas afectadas polos incendios forestais.

viernes, 24 de julio de 2009

ENCE disminue os seus vertidos a ría

Onte o complexo de Ence en Pontevedra presentou os seus resultados ambientais correspondentes o ano 2008. Trátase do décimo exercicio dende o seu rexistro no Regulamento Europep de Xestión e Auditoría Medioambienal (EMAS). Nestes dez anos segundo explicou o director do complexo industrial, a empresa consolidou a transformación do seu proceso productivo mediante blanqueo totalmente libre de cloro e a instalación dunha planta de tratamento de efluintes que, xunto cunha xestión máis eficiente de todo o proceso productivo, permitiu rebaixar a carga contaminante que o complexo verte a ría, o eflulente líquido, nun 45.5%.

Paralelamente incrementouse a capacidade de producción enerxética a partir de biomasa nun 7% e implantaronse tamén sistemas de coxeneración, que permiten a planta aproveitar o áximo de enerxía.

Fonte: La Voz De Galicia

jueves, 23 de julio de 2009

Nova Convocatoria os Premios Europeos de Medio Ambiente á empresa

As empresas galegas interesadas en participar nos "Premios Europeos de Medio Ambiente para as empresas" deberán dirixir as súas candidaturas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, para o seu trámite a optar á sección galega, á española e á europea.

Aquelas empresas interesadas en participar, seguindo os criterios das bases dos premios citadas, poderán ser asesoradas tecnicamente na formulación da súa candidatura póla Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ben a través do número de teléfono 986 805 026 do Servizo de Información Ambiental ou solicitándoo por escrito a esta secretaría xeral.

Obxecto dos premios: Os Premios Europeos de Medio Ambiente á empresa, convocados pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, teñen como obxectivo recoñecer publicamente aquelas organizacións que coa súa actuación contribúan ao cumprimento dos principios do desenvolvemento sustentable e cuxos esforzos poidan supoñer un avance cara a un desenvolvemento económico e social que preserve o ambiente. Estes premios son organizados e coordinados en España pola Fundación Entorno.

Convoca: Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.

Prazo: Ata o 28 de setembro de 2009

Nos seguintes enlaces poden consultar as bases e os formularios:


Formularios: http://www.siam-cma.org/siam/recursos/pdf/FolletoFormularios2009.pdf (deberá ir cuberto en castelán)

Os galardoados en convocatorias anteriores podédelos consultar na páxina web da Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no enderezo:

martes, 14 de julio de 2009

A partir do 2010 as compañías aéreas terán que controlar as súas emisións

A aviación supón o 2% das emisións de gases efecto invernadoiro do mundo


As compañías aéreas que voan en España terán que poñer en marcha no 2010 unha estratéxia na que deben precisar cómo mediran e rexistrarán as emisións de CO2 que expulsan.

Este, o último exento de controlar a contaminación, que ata agora non estaba obrigado a medir e reducir os gases de efecto invernadoiro que expulsan a atmósfera, terán que preparar antes de septembro deo 2009 un plan de control de emisións. Esta medida entrou en vigor a travén dunha enmenda no Senado a Ley do Mercado de Valores.

Según o Director do Observatorio de Sostenibilidade da Aviación as compañías teñen distintas alternativas para emitir menos CO2, entre elas está a mellora tecnolóxica, motores máis eficientes e máis lixeiros e especialmente a mellora do tráfico aéreo.

Este último punto e especialmente importante xa que permite acortar tempo e reducir enormes emisións. Para facilirtar esta mellora do tráfico aéreo o Ministerio de Fomento acordou co de Defensa que os avións civís poidan usar corredores militares evitando así rodeos innecesarios. Según o Goberno con esta medida pódese aforrar 62 millóns de euros o ano en combustibles e 600.000 toneladas de CO2.

A pesar das medidas que se adopten as aerolíneas terán que comprar dereitos de emisións para axustarse o que se lles asigne, xa que só recibirán gratis dereitos por o 85% do que emitan, polo que deberán comprar o 15% restante máis o aumento do tráfico aéreo; esta compra podería rondar o 70 millóns de euros o ano, aínda que este é dificil de precisar ata que as compañías presenten os seus plans.

miércoles, 8 de julio de 2009

Galicia conta este ano con 124 bandeiras azuis

Galicie é a comunidade autónoma que obtén o maior número de bandeiras azuis, cun total de 119 en praias e outras 5 en portos deportivos, das 571 de España.

Con respecto o ano pasado en Galicia gañamos 19 bandeirea azuis contando cun total de 35,7 Km de praia recoñecidos con esta distinción.

Por provincias Pontevedra concentra un totol de 52 bandeiras azuis, A Coruña 48 e Lugo 24; o que supón algo máis do 21% do total de España.
Para acadar a bandeira azul, as praias deben acreditar uns mínimo en aspectos relacionados ca legalidade, sanidade, limpeza, seguridade, servizos, información, xestión medioambiental, etc, en total son 27 criterios a examinar.
Os concellos deben pasar este examen a principios de verán; a inspección é levada a cabo por membros da ONG Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e ano tras ano hay que renovar.
A función deste exame é evaluar os criterios antes mencionados, pero non valora as melloras ou empeoramentos da praia; é dicir entrégaselle a banderia sin analizar si se produciu un empeoramento dende o ano anterior.