Obama estuda manipular o clima para loitar contra o quecemento global do planeta
Unha forma de facelo podería ser arrefriar o aire lanzando contaminantes á atmosfera que reflectisen parte da luz solar. John Holdren, o principal asesor científico do presidente estadounidense Barack Obama, afirmou o mércores nunha entrevista que a Casa Branca sopesa manipular o clima para loitar contra o quecemento global.
Holdren, que é físico e foi presidente da Asociación Americana para o Avance das Ciencias, é un dos máis preocupados polas consecuencias do cambio climático. Na entrevista afirmou que se están estudando ideas moi extremas só por se se producisen momentos clave no proceso do quecemento. é dicir, de non retorno por exemplo se se produce un gran desxeo antártico, as consecuencias serían tan catastróficas que esixirían unha rápida actuación. Unha forma de facelo podería ser arrefriar o aire lanzando contaminantes á atmosfera que reflectisen parte da luz solar. Así, a calor sería devolto ao espazo sen permitir que chegase á terra. Estas medidas de xeoinxeniería teñen moitos detractores xa que non se descoñecen os posibles efectos negativos que poden supor accións desta envergadura.

No hay comentarios:
Publicar un comentario