jueves, 16 de abril de 2009

O correo "Basura" favorece ao cambio climático

Unha famosa empresa especializada no desenvolvemento de programas de seguridade informática, presentou un estudo no que obtén como unhas das conclusións que os correos lixo (spam) non son só unha molestia na rede senón que prexudican ao medio ambiente e contribúen ás emisións de gases de efecto invernadoiro.

No estudo calculouse que a cantidade de enerxía utilizada en todo o mundo anualmente para transmitir, procesar e filtrar o spam alcanza os 33.000 millóns de quilowatts hora (KWh) ou 33 teravatios hora(TWh). Isto equivale á electricidade que empregarán 2, 4 millóns de fogares e ás emisións producidas por 3,1 millóns de coches. Demostrando a existencia dunha relación ente a enerxía consumida polos spam e as emisións de carbono, xa que por agora os combustibles fósiles coa principal fonte de electricidade no mundo.

Principais conclusións do estudo

  • A media das emisións de gas de efecto invernadoiro asociadas a unha única mensaxe de spam son de 0.3 gramos de CO2, cifra equivalente a percorrer un metro de distancia en coche.
  • Os países con máis conexión e usuarios de Internet, como Estados Unidos e India, adoitan ter, proporcionalmente, máis emisións por cada usuario de correo electrónico.
  • Mentres que Canadá, China, Brasil, India, Estados Unidos e Reino Unido tiveron un consumo de enerxía similar por spam e país, Australia, Alemaña, Francia, México e España tiveron un 10% menos.
  • España é o país coa porcentaxe máis baixa, xa que destaca como un dos países que recibe unha menor cantidade de spam e a cantidade máis pequena de enerxía usada por spam e usuario de correo electrónico.
Fonte: Publico.es

No hay comentarios: