A crecente acidez dos océanos ameaza con causar unha extinción en masas da fauna mariña, segundo expuxo a oceanógrafa do laboratorio Mariño de Plymouth, Carol Turley.
Segundo a científica dirixímonos cara a unha extinción en masa, debido ao cambio da composición oceánica, sendo esta a maior desde a era dos dinosauros. Turley, que presidirá unha das sesións da conferencia sobre o clima que se celebra esta semana en Copenhague, lembrou que desde a Revolución Industrial as emisións de dióxido de carbono (CO2) produto da actividade humana han incrementado nun 30 por cento o nivel de acidez dos océanos do planeta.
O nivel de acidez dos mares está no seu nivel máis alto dos últimos 500.000 anos, engadiu a científica. Estímase que ao redor dun 50 por cento do CO2 emitido pola queima de combustibles fósiles durante os últimos 200 anos foi absorbido polos mares, o que está a alterar de maneira significativa o pH da auga do mar e pon en perigo onda supervivencia de ecosistemas mariños.
O problema é especialmente grave no caso dos crustáceos e de especies como a estrela de mar, que podería desaparecer para finais do século XXI, segundo probas de laboratorio, se se mantén a tendencia actual de emisións contaminantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario