martes, 31 de marzo de 2009

Co cambio de hora Galicia aforrará un 1% no consumo de enerxía doméstica

O denominado “cambio de hora” comezou a xeneralizarse, aínda que de maneira desigual, a partir de 1974, cando se produciu a primeira crise do petróleo e algúns países decidiron adiantar os seus reloxos para poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade en iluminación. Aplícase como directiva dende 1981 e foi renovada sucesivamente cada catro anos.
Para o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), esta medida supón un aforro de consumo eléctrico doméstico do 1% chegando no resto do Estado español a acadar o 5%, o que equivale a 300 millóns de euros. Os fogares Galegos aforrarán 6 euros anuais e no sector servizos se chegará ao 3%, e dicir, máis de 6 millóns de euros.


10 CONSELLOS PARA AFORRAR ENERXÍA COA ILUMINACIÓN

1. Aproveite a luz natural.
2. Cando saia dunha habitación apague a luz.
3. Hai lámpadas que gastan moito menos que as incandescentes. Aforran ata un 80%.
4. A iluminación localizada aforra enerxía no resto da estancia da casa.
5. Utilice cores claras para decorar a súa casa. O ambiente é máis luminoso e necesita menos luces.
6. Limpe con regularidade as fontes de luz. A sociedade acumulada dificulta a correcta difusión.
7. Utilice reguladores electrónicos de fluxo para as alóxenas. Nos permiten adecuar o nivel luminoso a unha necesidade concreta.
8. Lembre os tubos fluorescentes. Especialmente indicados para baños, cociñas, trasteiros e garaxes.
9. Instale detectores de presenza nas zonas de paso. Activan e desactivan automaticamente a luz.
10. Elixa ben as súas bombillas de baixo consumo. Teña en conta as equivalencias de potencia:
100 vatios = 20 vatios
75 vatios = 15 vatios
60 vatios = 11 vatios
40 vatios = 9 vatios

No hay comentarios: