Sementando ferro
En augas máis ao sur que as actuais se realizaron xa cinco experimentos de fertilización con ferro nos últimos oito anos, que abarcaron zonas moito máis pequenas. Neles induciuse un aumento do plancto similar ao que produce o ferro contido no po atmosférico continental ao caer no mar ou un iceberg que se derrete (no que previamente se estivo depositando po). Os resultados fan crer aos científicos que o actual non producirá un impacto ambiental perigoso.
En parte, o experimento pretende pescudar se o gran declive observado no krill desde que as baleas azuis foron decimadas hai unhas décadas nesta zona está relacionado con esta redución ou se debe só ao quecemento global. Crese que as baleas exercian un papel de abono, mantendo unha continuidade de ferro para o plancto nas augas superficiais. A expedición pódese seguir desde hoxe na dirección de Internet www.lohafex.com, do Instituto Alfred Wegener de Alemaña, que a coordina xunto ao Instituto Nacional de Oceanografía da India.
No hay comentarios:
Publicar un comentario