A calor mata as árbores
Os datos que nos van achegando o cambio climático seguen deixándonos malas noticias, neste caso preséntase como principal prexudicado os bosques accidentais. Tanto o quecemento como as secas poderían estar detrás dun aumento constatado dos valores de mortalidade, de acordo cun estudo do Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos, recollido na revista Science.
O estudo céntrase nos bosques de piñeiro e outras coníferas (abetos, panaceas, tsuga que poboan a parte occidental dos Estados Unidos), nestas especies a mortalidade multiplicouse por dúas que podería estar relacionada tamén co aumento do dióxido de carbono na atmosfera, unha hipótese que aínda esta por confirmar.
O incremento de mortes nas poboacións de árbores é un feito rechamante. Algunhas especies de piñeiro poden chegar a vivir durante uns 300 anos, e a esperanza de vida destas árbores pode exceder os 125 anos. O feito é parecido a comprobar, nunha poboación de persoas, o número das que falecen cada ano. Se esta taxa de mortalidade aumenta, habería que buscar as causas nalgún brote de epidemia ou factores externos. Con todo, esa mortalidade é contrarrestada polo número de nacementos. No noso caso a mortalidade é cada vez maior e non é contrarrestada cun aumento do ritmo de substitución de árbores, co cal os bosques progresivamente están a empezar a perder máis árbores dos que gañan.
No momento actual estamos nun escenario propicio para a proliferación de insectos e pragas que danan as árbores, e reflíctese non só un aumento da mortalidade ao dobres senón que leva asociado unha redución na vida media das árbores até a metade. Co cal as árbores morren antes, e alcanzan un tamaño menor. Por tanto estamos a falar dun tema moi preocupante a longo prazo xa que despois do mar son o maior sumidoiro de dióxido de carbono planetario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario