Non avanzamos en Poznan
Na madrugada do sábado 13 terminou, con escasos acordos importantes, a 14 Conferencia sobre Cambio Climático organizada en Poznan (Polonia) pola ONU. Os participantes trasladaron o debate ambiental ao encontro que se celebrará en Copenhague (Dinamarca) exactamente dentro dun ano. Como adoita pasar os países pobres foron os ?perdedores?, os seus representantes apenas puideron disimilar a súa frustración e malestar polos resultados obtidos, a pesar de que recibirán maior axuda económica para facer fronte ao cambio climático. Estimando Ao seu xuízo, a axuda do mundo rico é do todo insuficiente e advertiron de que non poderán facer fronte aos seus compromisos ambientais.
Así, algúns países receptores, como China, India, Brasil, (?) Colombia, Paquistán, África do Sur ou Costa Rica, apuntaron que lles será moi difícil pór en marcha a partir do ano que vén grandes obras de infraestruturas para facer fronte á deterioración ambiental, como a construción de diques, praias artificiais e centros de alerta meteorolóxicos, se o mundo desenvolvido non é máis xeneroso.
O documento final aprobado en Poznan mantén a referencia acordada na conferencia de Bali (Indonesia) en 2007 sobre a redución de emisións de dióxido de carbono (CO2) entre un 25% e un 40% para os países avanzados, e mesmo por primeira vez recolle que o mundo en vías de desenvolvemento tamén limite a súa contaminación entre un 15% e un 30%.
Agora a vista está posta no cume de Copenhague. As negociacións de face a este encontro "empezarán en xaneiro de 2009", segundo dixo un representante da delegación de Estados Unidos. Posteriormente, en marzo concretamente, os países avanzados presentarán os seus datos sobre emisións de CO2 e en xuño redactarase un borrador sobre a estratexia ambiental que debería asumir a ONU na capital danesa.
A sensación que queda teas o cume de Poznan, é a de perder outra oportunidade de avanzar na loita contra o quecemento da Terra. Ao seu xuízo, o encontro estivo marcado pola falta de liderado da Unión Europea (UE) e polas reticencias dos países desenvolvidos para alcanzar compromisos ambiciosos.
WWF considera que moitas oportunidades non se materializaron en Poznan, entre elas, a inclusión de cuestións cruciais sobre a biodiversidade e os dereitos dos pobos indíxenas. "Aínda non habendo avances importantes en Poznan, a porta cara a un tratado global sobre o clima en Copenhague en 2009 mantense aberta", indicou Carstensen.
Para Greenpeace, as únicas propostas construtivas que se escoitaron no cume viñeron de mans dalgúns países en desenvolvemento como Sudáfrica, México, Brasil ou Corea do Sur, que anunciaron que estarían dispostos a asumir compromisos ambiciosos en redución de emisións ou de deforestación.
A responsable da campaña de Cambio Climático e Enerxía de Greenpeace, opina que o resultado das conversacións "é pouco máis que un refrito do xa discutido na conferencia do ano pasado en Bali. Non podemos dicir que se retrocedeu, pero repetir o que se dixo o ano anterior non é progresar". Pero agora e tras unha nova perspectiva achegada polo novo mandato estadounidense e a súa nova preocupación pola loita contra o cambio climático, fai crecer a posibilidade de chegar a un acordo favorable no cume de Copenhague.

No hay comentarios:
Publicar un comentario