10 de Decembro: Día Internacional dos Dereitos dos Animales
Os dereitos dos animales están rexidos baixo os seguintes trece artículos:
Artigo 1
Todo animal dotado da capacidade de sufrir ou gozar ha de ser respectado, e recoñecido como un suxeito de dereitos legais.
Artigo 2
1. Todo animal coa capacidade de sufrir e gozar ten todos os dereitos proclamados nesta Declaración, sen distinción algunha en función da especie á que pertenza.
2. Ademais, non se fará distinción algunha fundada en calquera outra circunstancia, como as súas facultades intelectuais, o seu uso dunha linguaxe, ou a súa capacidade para entender ou esixir o contido desta Declaración, que non determine como tal a súa capacidade de sufrir e gozar.
Artigo 3
1. O respecto e recoñecemento de dereitos dun animal virá dado en función da súa posibilidade de ser prexudicado se este non ten lugar, sen que deba xogar niso ningún papel o interese humano que puider haber en que se dea respecto e recoñecemento.
2. Tal respecto e recoñecemento han de darse de maneira independente do feito de pertencer a unha especie máis ou menos numerosa ou en perigo de extinción.
Artigo 4
Todo animal coa capacidade de sufrir e gozar ten dereito á vida.
Artigo 5
Todo animal coa capacidade de sufrir e gozar ten dereito á integridade física e á liberdade.
Artigo 6
Todo animal coa capacidade de sufrir e gozar ten dereito a non ser sometido a sufrimento.
Artigo 7
Ningún animal coa capacidade de sufrir e gozar estará sometido a escravitude. Non poderá ser unha propiedade, nin ser así utilizado para fins humanos de modo que supoña algunha clase de dano para el.
Artigo 8
Todo animal coa capacidade de sufrir e gozar ten dereito a dispor, cando iso sexa preciso, de representantes legais que reclamen que os seus dereitos sexan respectados.
Artigo 9
Todos teñen dereito a igual protección contra toda discriminación que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.
Artigo 10
1. Todo animal coa capacidade de sufrir e gozar ten dereito a desenvolver a súa vida no seu medio.
2. Ningún animal verá vulnerados os seus dereitos co fin de conservar un determinado ecosistema.
Artigo 11
Ningún animal coa capacidade de sufrir e gozar será privado para o seu prexuízo do resultado do seu traballo.
Artigo 12
Todo animal coa capacidade de sufrir e gozar ten dereito a que decisións políticas que se poidan adoptar teñan en conta os seus intereses e necesidades.
Artigo 13
Os seres humanos somos animais. Os dereitos humanos especifican que forma máis concreta han de adoptar os dereitos animais no caso dos seres humanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario