Pingüíns antárticos, ameazados polo quecemento global
Entre o 50 e o 75% das colonias de pingüíns da Antártida atópanse en claro declive e mesmo ameazadas de extinción en caso dun quecemento global superior a dous graos, segundo revelo o informe do Fondo Mundial para a Natureza WWF.
"Os pingüíns están afeitos a vivir no frío e en condicións extremas. Coa continua subida das temperaturas e a diminución das zonas de alimento e de nidificación asociadas, xa se produciu unha redución sensible das poboacións existentes", comentou Juan Casavelos, coordinador de WWF sobre o Cambio Climático na Antártida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario