miércoles, 3 de enero de 2007

O OBSERVATORIO DE SOSTENIBILIDAD ALERTA DUN AUMENTO DOS GASES DE EFECTO INVERNADERO

La Opinión. A Coruña. 3 de xaneiro de 2007
Paula Pérez.Santiago

Galicia, a cuarta comunidade con máis delitos contra o medio ambiente.
O informe advirte de que na comunidade se despilfarra a auga e de que o 20% pérdese na rede de distribución polas deficiencias na canalización.
Galicia suspende en materia medioambiental, segundo o último informe do Observatorio de Sustentabilidade de España, organismo autónomo promovido polo Ministerio de Medio Ambiente. Non só está entre as comunidades autónomas que emite máis gases de efecto invernadoiro en relación ao seu PIB, senón que ademais é a cuarta do Estado con maior número de delitos ecolóxicos. No período 1998-2004 contabilizáronse 64 sentencias condenatorias por ilegalidades medioambientais, cifra só superada por Andalucía, Cataluña e Valencia.
En canto ás denuncias cursadas polo Servicio Protección da Natureza da Garda Civil a comunidade galega está tamén á cabeza de España. En 2004 presentáronse nesta autonomía un total de 14.000 demandas por infraccións medioambientais -só en Andalucía e Castilla La Mancha superouse esta cifra. Do mesmo xeito Galicia ocupa o terceiro lugar con maior número de incumprimentos da normativa europea.
Pero Galicia non só destaca como unha das comunidades onde se cometen máis infraccións medioambientais. Os seus índices de contaminación atmosférica e despilfarro de auga e enerxía sitúana ademais entre as autonomías menos respectuosas co medio ambiente. "A nosa terra usa recursos naturais en exceso e con baixa eficiencia, o que contribúe ao cambio climático e continúa a degradar o territorio e perder biodiversidade", denuncia a organización ecoloxista Verdegaia.O Observatorio de Sustentabilidade de España, con sede na Universidade de Alcalá de Henares, alerta de que entre 1990 e o ano 2004 a emisión de gases con efecto invernadoiro incrementouse en Galicia un 37%. De feito, en relación ao seu Producto Interior Bruto a comunidade galega é a cuarta do Estado con máis contaminación causante do cambio climático. Esta polución está relacionada coa ubicación en territorio galego das centrais térmicas das Pontes e Meirama, responsables da emisión de dióxido de carbono á atmosfera.
A isto hai que engadir que Galicia é unha das autonomías onde se consome menos gas, o combustible fósil menos contaminante. E, namentres, o consumo de enerxía na autonomía galega vai en incremento, por encima ata do seu PIB.
Ademais abúsase do coche, o cal contribúe aínda máis a contaminar a atmosfera. O 80% dos desprazamentos interurbanos fanse en vehículo particular.
O informe do Observatorio de Sustentabilidade advirte ademais que Galicia despilfarra auga. O 20% pérdese na rede de distribución polas deficiencias na canalización. Ademais, o consumo nos fogares aumentou no período 1996-2003 un 33% ata superar os 140 litros por habitante e día. Verdegaia recorda que o prezo medio do auga distribuída en Galicia é inferior ao estatal. "O máis caro ten que ser o que teña máis impacto sobre o medio ambiente", propoñen os ecoloxistas.Os déficits medioambientais alcanzan ata á fauna da comunidade autónoma. Galicia, xunto con Murcia e Castilla y León, é a autonomía con maior proporción de mamíferos ameazados de extinción e está á cola do Estado en superficie de espacios naturais protexidos.

No hay comentarios: