MEDIA DUCIA DE ESPECIES FORANEAS POÑEN EN RISCO OS RIOS GALEGOS
04/04/2005 Sociedade (A Voz de Galicia)
Os expertos constatan a aparición de peixes moi agresivos co hábitat propio do país.
A Xunta non ten plans para frear a introducción de invasores, práctica que está penada. O cangrexo americano, o visón e tartaruga exóticas contribúen a reducir as poboacións autóctonas Rubén Santamarta redacción
Os ríos galegos son hoxe unha sorte de Babel onde conviven especies propias dos humedais do país con peixes foráneos introducidos, principalmente, durante os últimos trinta anos. Pero a chegada deses axentes estranxeiros , lonxe de enriquecer o hábitat galaico provocou a desaparición dalgunhas especies propias, o desprazamento doutras ou a propagación de enfermidades. «Hai un problema constatado desde fai anos, tanto pola chegada de vertebrados como de invertebrados», apunta Fernando Cobo, profesor de Zooloxía na Universidade de Santiago.
Na conca do Miño-Sil, por exemplo, constatouse a presenza da perca negra, o black bass no seu termo máis coloquial. Trátase, constatan os expertos, dun enorme depredador que se introduciu nos ríos para o seu uso deportivo, polo seu gran tamaño (uns vinte centímetros). É dicir, chegaron pola man do home a España a mediados dos cincuenta. ¿Os seus resultados en afluentes galegos? Unha merma considerable das poboacións de troita. «A chegada destes invasores é, logo da propia desaparición do hábitat, o segundo maior factor de risco contra o medio ambiente», explica Pedro Galán, doutor do departamento de Bioloxía Animal da Universidade da Coruña.
O black bass é un devastador exemplo. Pero hai outro, segundo os expertos, máis agresivo: o lucio. Mide ata un metro de longo e algúns pescadores de Ourense xa alertaro da súa presenza. No río Órbigo (León) ou o Negro (Zamora) xa coñecen os efectos sobre troitas, ras e invertebrados desta especie orixinaria do norte de América. «Se se corrobora a súa presenza, sería algo gravísimo», avisa Cobo.
Mentres se comproba a veracidade dese aviso, si é visible en concas galegas a presenza de tencas (non é propia de Galicia, aínda que si doutras zonas españolas), a gambusia ou a troita arcoiris. A segunda introduciuse fai décadas en España para evitar a propagación do paludismo a través dos mosquitos, xa que este peixe, propio de Nevada (Estados Unidos), devora eses voadores. Pero tamén pequenos crustáceos, ademais de reproducirse con facilidade e encher ríos, desprazando a outras especies propias. Algo similar sucede coa troita arcoiris, a das piscifactorías, que vive e pon os seus ovos con suma facilidade. Son todas difíciles de erradicar. Contan cunha vantaxe en Galicia: as charcas non se secan, como sucede noutros puntos de España, onde morren por esta causa. «É unha misión moi complicada, case imposible», engade Pedro Galán.
Da peixeira
A todas as anteriores hai que sumar o carpín dourado, o que se atopa en case todas as peixeiras domésticas. En zonas húmidas de Sabón (Arteixo) e Cecebre (Abegondo) cóntanse por decenas. O seu perigo: removen o barro e os sedimentos, alterando as formas de vida propias de Galicia.A introducción desas especies está penada pola lexislación medioambiental, pero ese delito é difícil de verificar. «Tería que haber unha vixilancia máis intensiva», completa o profesor Cobo. Con todo, a Consellería de Medio Ambiente non ten en marcha -nin o prevé a curto prazo- ningún plan específico contra a presenza de peixes alieníxenas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario