ECOLOXISTAS VEN BEN UN IMPOSTO DE CARBURANTES
Facenda estuda aplicar un gravame verde para os combustibles e vehículos.
Adega e Verdegaia considérano como un primeiro paso pero piden un maior compromiso
Redacción/Axencias (Santiago)
O anuncio realizado onte polo secretario de Estado de Facenda e Orzamentos, Carlos Ocaña, de que o Ministerio de Economía estudia adaptar o imposto de matriculación e o de hidrocarburos á nova fiscalidade verde, foi acollido positivamente, aínda que con certas reservas, polas organizacións ecoloxistas galegas.
Como "un primeiro paso" cualificouno Xan Duro, secretario xeral de Verdegaia, á vez que reclamou que non sexa "un anuncio de face á galería". Para esta organización ecoloxista, o lóxico sería que os medios de transporte que resultan máis contaminantes, como os vehículos 4x4 ou os quads, tivesen un maior gravame.
Na mesma liña expresouse Fins Eirexas, de Adega, para quen é unha "idea interesante", que non debería "cinguirse só a un mero afán recadatorio".
Segundo sóubose onte, Facenda considera que determinadas actividades como o transporte deben reflectir "mellor" o impacto ambiental que producen, polo que estudia adaptar o imposto de matriculación e o de hidrocarburos á nova fiscalidade verde, previsiblemente a partir de 2008. O secretario de Estado de Facenda e Orzamentos, Carlos Ocaña, asegurou que a aplicación da fiscalidade verde pactada polo PSOE e IU nas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado non supoñerá a creación de máis impostos, senón que adaptará os xa existentes "para ir introducindo aos poucos o concepto de quen contamina paga".
Aínda que o secretario de Estado de Facenda insistiu en que "aínda non tomamos decisión sobre en que liña actuar" e non se quere comprometer "cunha idea específica", considerou un bo exemplo adaptar o imposto de matriculación ou de calquera tributo que afecte aos vehículos de tracción mecánica, dependendo do contaminantes que sexan.
Gravar outras actividades
Ocaña tamén apuntou durante a súa intervención a posibilidade de gravar o consumo de certas fontes de enerxía e sinalou que serían aquelas que "serven para o transporte".Os ecoloxistas galegos, pola súa banda, consideran que a Administración debería aplicar un maior esforzo fiscal a outro tipo de actividades que son, ao seu xuízo, contaminantes por utilizar combustibles de orixe fósil, como as empresas eléctricas. Tanto Verdegaia como Adega, ademais, reclaman que o importe que se recade pola nova imposición dedíquese ao coidado do medio ambiente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario