martes, 26 de octubre de 2010
Aumenta a reciclaxe de envases en España pese ó descenso da producción pola crise
Publicado por Departamento Medio Ambiente en 8:58 0 comentarios
jueves, 5 de agosto de 2010
O 70% dos españois afirma que recicla vidro
Segundo datos desta investigación, realizada pola empresa de mercados Quor, houbo un aumento dun 7 % de cidadáns que reciclan vidro de forma habitual respecto ós datos do último estudo realizado fai 2 anos, acandando o 70% de cidadáns que afirman considerar a reciclaxe destes envases coma unha costume.
Por outra banda, a acción de reciclar vidro destaca entre as 10 primeiras tarefas domésticas, o que indica un paso máis na concienciación cidadá sobre a reciclaxe do vidro. Concretamente, o 45,4 % dos cidadáns sinala esta acción coma unha tarefa doméstica máis.
Un hábito a seguir mellorando pola súa incidencia no medioambiente
Outro dato que se desprende do estudo é que os españois situamos, con un 20 %, o acto de reciclar coma unha das costumes que deben seguir mellorándose pola súa aportación ó medioambiente, só por detrás da utilización do vehículo particular (38,4%) e do aforro no consumo de auga no fogar (27%).
Esta circunstancia varía nalgunhas rexións; en Canarias, por exemplo, otórgase máis importancia ó aforro no consumo de auga (38%), que á utilización do vehículo particular (33,8%). Na Comunidade Valenciana, e segundo hábito a modificar é a reciclaxe de residuos (24%), seguido do consumo de auga (21%); e nas rexións de Murcia, Navarra e País Vasco, a costume de reciclar está máis próximo ó cuarto posto, cerca das prácticas de non abusar do uso da calefacción e o aire acondicionado.
Ademais, a importancia que conferimos a seguir mellorando no reciclado de residuos pola súa incidencia no medioambiente varía segundo o tipo de perfil do entrevistado: sube á segunda posición no caso de mulleres entre 25 e 34 anos e cae ó cuarto lugar en homes de 24 a 54 anos e mulleres de 45 a 54 anos.
Os erros máis frecuentes dos españois á hora de reciclar vidro
Outras das conclusión que se extraen deste estudo, son os errros frecuentes que cometen os cidadáns á hora de reciclar os envases de vidro; un 40%, pratos, cerámica, loza e outras pezas de vaixela; e o 33,6 % afirma depositar no iglú frascos de medicamentos. Estes elementos nunca deben depositarse no colector de vidro, o cal está destinado únicamente a envases de vidro: botellas, tarros e frascos.
Publicado por Departamento Medio Ambiente en 11:07 1 comentarios
lunes, 14 de junio de 2010
O novo logo Bio da UE: os especialistas recomendan unha preparación minuciosa
Para produtos de nova introdución a partir de xullo de 2010, Schimidt e Neuendorff recomendan poñerse de acordo coa oficiña de control ecolóxico correspondente.
Publicado por Departamento Medio Ambiente en 8:43 1 comentarios
viernes, 4 de junio de 2010
Un planeador submariño investigará as dinámicas da costa galega
As prospección do robot aportarán información valiosa para o sector marítimo-pesqueiro, tales como predicións sobre o estado do mar ou previsións sobre as derivas das larvas das especies de interese comercial e dos vertidos contaminantes.
O seu obxectivo é mostrear os cambios nas condicións físicas da plataforma continental.
A información recollida polo planador será procesada por investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), en Vigo e da Universidade de East Anglia. O seu obxectivo é mostrear os cambios nas condicións físicas que rexistra a plataforma continental durante a temporada de afloramento. Este fenómeno oceanográfico, en xeral estacional, prodúcese cando as masas de auga dos niveis profundos se desprazan ou afloran cara a superficie debido á forza dos ventos e a rotación da Terra.
O interese do estudio radica en que os afloramentos producidos cerca da costa orixinan as zonas pesqueiras máis produtivas, xa que as augas profundas son ricas en nutrientes froito da descomposición da m.o. sedimentada. Cando esta auga se eleva cara a superficie polas correntes, multiplícase a presenza de fitoplacton na zona, o que induce unha maior presencia do resto de especies mariñas.
Os datos que se obteñan serán extensibles ó resto de zonas de afloramento da Península Ibérica e terán aplicacións futuras: ademais de poder predicir a deriva das larvas das especies que se explotan nas pescarías locais ou o dos contaminantes vertidos, poderanse obter melloras na previsión do estado da mar.
Ata 1.000 m de profundidade e sen combustible
O planador submariño é capaz de somerxerse a unha profundidade máx. de 1.000 m. Aínda que pesa 52 kg. e mide 2 m de longo, o dispositivo non precisa combustible e carece de hélices, pois emprega a súa flotabilidade para desprazarse. A súa gran autonomía só é complementada por unha batería para alimentar sensores de baixo consumo.
A expedición do robot enmárcase nos proxectos do CSIC CAIBEX (financiado polo Plan Nacional), RAIA (financiado pola Unión Europea, programa INTERREG) e CALIBERA (financiado pola Fundación para a Ciencia e Tecnoloxía de Portugal). O seu obxectivo é poder prognosticar a corto prazo as condición ambientais marítimas.
Publicado por Departamento Medio Ambiente en 8:52 1 comentarios
martes, 25 de mayo de 2010
Regalan semillas modificadas xenéticamente a Haití
Os "regalos" chegan xunto co herbicida que contén glifosato, comercialmente chamado Roundup. Producto que ha empresa asegura que é biodegradable, pero que en algunhas zonas déronse casos de contaminación por este producto, o que levou a que altos cargos en contra do fraude haxan denuncia esto en Lyon.
Monsanto xa empezou a distribuir as súas semillas modificadas xenéticamente en Haití, "xenerosidade" do que a empresa Monsanto está facendo publicidade.
Pero onde está o problema? que os agricultores haitianos que as queiran utilizar no futuro terán que compralas a Monsanto, o qeu significará adios a independencia dos agricultores.
Suporá esto outro "terremoto" para Haití?
Publicado por Departamento Medio Ambiente en 8:33 1 comentarios
jueves, 20 de mayo de 2010
Publicado por Departamento Medio Ambiente en 8:42 1 comentarios