O executivo comunitario anunciou que levará a España ante o tribunal de xustiza da UE pola falta de depuración das augas residuais en 38 localidades, entre elas está Santiago de Compostela e A Coruña.
A Directiva sobre tratamiento de Augas Residuais Urbanas estableceu ata o 31 de Dedembro do ano 2000 para dotar as poblacións de máis de 15000 habitantes de sistemas adecuados de recollida e depuración das augas residuais urbanas.
A Comisión Europea enviou a España ano ano 2004 a primeira carta amenazando cunha posible sanción. No ano 2008 recibiuse o segundo e último aviso. O Ministerio de Medio Ambiente, Mariño e Rural afirmou que respondeu a este segundo comunicado alegando que na maioría das poboacións as depuradoras estaban xa en execución ou programadas. Ademáis tamén recordou que moitas son de competencia local ou autonómica.
No caso das depuradoras de Santiago e A Coruña ambas foron programadas cando aínda estaba Felipe González no goberno, ambas obras ca chegada de José María Aznar foron frenadas e non se retomaron ata que chegou Rodríguez Zapatero o poder. Aínda así no caso de Santiago só hay redactado un anteproyecto e no caso de A Coruña ademáis de múltiples retrasos por prazos, aínda falta por construir un emisario submarino de casi un kilómetro de lonxitude ...
1 comentario:
Convocatoria contendo bases xerais e específicas para cubrir prazas vacantes correspondentes á Oferta de Emprego Público do ano 2008. Concello de Vigo.( Ver: BOLETIN DE LA PROVINCIA 19-07-2010).
1ª.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo do ano 2008, incluídas na oferta de emprego público ublicada no BOP do 10 de febreiro e no DOG do 19 de febreiro de 2009, e que comprende a cobertura das seguintes prazas de persoal funcionario:
Técnico/a de Administración xeral: 3 prazas; Administrativo/a de Adminsitración xeral: 17 prazas; Auxiliar de Administración xeral:17 prazas; Subalternos: 11 prazas; Alguacil: 1 praza; Técnico/a de Sistemas: 1 praza; Técnico/a superior de Arquivos: 1 praza; Técnico /a Xestión: 2 prazas; Técnico/a medio Servizos Económicos: 1 praza; Técnico/a prevención Riscos Laborais: 1 praza; Enxeñeiro/a técnico/a Industrial: 1 praza; Enxeñeiro/a técnico/a Obras Públicas: 1 praza; Técnico/a auxiliar Bibliotecas: 1 praza; Programador/a informática: 1 praza; Técnico/a auxiliar Seguridade:3 prazas; Operador/a Informática: 1 praza; Inspector/a Auxiliar Medio Ambiente: 1 praza; Intendente Policía Local: 2 prazas; Policía: 25 prazas; Bombeiro: 10 prazas; Conductor-Bombeiro: 7 prazas.
Publicar un comentario