As especies invasoras e o cambio climático poden reducir nun 10% o PIB mundial
Os perxuizos causados polas especies invasoras e os efectos do cambio climático poderían provocar a pérdida do 10% do Producto Interior Bruto (PIB) mundial. Así o afirma un informe científico publicado en Nagoya (Xapón), onde se celebra a X Conferencia das Partes do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica. Este traballo estima que os perxuizos causados polas especies invasoras supoñen máis de 1.400 millóns de dólares anuais, é dicir, o 5% da economía mundial. As pérdidas económicas causadas polo cambio climático mundial se calculan tamén en aproximadamente un 5% do PIB anual.
O estudio realizado polo Programa Mundial sobre Especies Invasoras (GISP) co apoio dos seus membros e finanzación do Banco Mundial, insta ós países a "tomar medidas inmediatas contra ese dúo mortal". O documento "Especies invasoras, cambio climático e adaptación baseada nos ecosistemas: cómo responder ós motores múltiples do cambio climático" define os vínculos que hai entres as especies invasoras e o cambio climático e qué se debe facer para "atenuar o seu impacto".
Os seus autores reclaman ós gobernos que integren a prevención e o manexo das especies invasoras nas súas accións de resposta ó cambio climático, xa que no plano político tratáronse "esencialmente por separado". Os perigos que plantexa o dúo mortal non poden ser subestimados" porque cada compoñente constitúe unha gran amenaza para a biodiversidade e os medios de subsistencia humáns, advertiu a directora executiva do GISP, Sarah Simons. Os datos máis recentes indican que o cambio climático agrava os efectos, de por sí devastadores, das especies invasoras, o que crea unha espiral de destrucción que ten consecuencias cada vez máis graves, apuntou.
O GISP é unha alianza internacional sin fins de lucro entre o centro Internacional para a Agricultura e as Biociencias (CABI), a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) e The Nature Conservancy. O seu obxectivo é responder á ameaza mundial que plantexan as especies invasoras a través de tres grandes obxectivos: asesoría política, desenrolo de capacidades e concienciación.
3 comentarios:
Un blog muy interesante.
Al final nos cargaremos el planeta
Tenemos que tener mas concienciación, solo tenemos un hogar donde vivir
Publicar un comentario