martes, 26 de octubre de 2010

As especies invasoras e o cambio climático poden reducir nun 10% o PIB mundial

Os perxuizos causados polas especies invasoras e os efectos do cambio climático poderían provocar a pérdida do 10% do Producto Interior Bruto (PIB) mundial. Así o afirma un informe científico publicado en Nagoya (Xapón), onde se celebra a X Conferencia das Partes do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica. Este traballo estima que os perxuizos causados polas especies invasoras supoñen máis de 1.400 millóns de dólares anuais, é dicir, o 5% da economía mundial. As pérdidas económicas causadas polo cambio climático mundial se calculan tamén en aproximadamente un 5% do PIB anual.

O estudio realizado polo Programa Mundial sobre Especies Invasoras (GISP) co apoio dos seus membros e finanzación do Banco Mundial, insta ós países a "tomar medidas inmediatas contra ese dúo mortal". O documento "Especies invasoras, cambio climático e adaptación baseada nos ecosistemas: cómo responder ós motores múltiples do cambio climático" define os vínculos que hai entres as especies invasoras e o cambio climático e qué se debe facer para "atenuar o seu impacto".

Os seus autores reclaman ós gobernos que integren a prevención e o manexo das especies invasoras nas súas accións de resposta ó cambio climático, xa que no plano político tratáronse "esencialmente por separado". Os perigos que plantexa o dúo mortal non poden ser subestimados" porque cada compoñente constitúe unha gran amenaza para a biodiversidade e os medios de subsistencia humáns, advertiu a directora executiva do GISP, Sarah Simons. Os datos máis recentes indican que o cambio climático agrava os efectos, de por sí devastadores, das especies invasoras, o que crea unha espiral de destrucción que ten consecuencias cada vez máis graves, apuntou.

O GISP é unha alianza internacional sin fins de lucro entre o centro Internacional para a Agricultura e as Biociencias (CABI), a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) e The Nature Conservancy. O seu obxectivo é responder á ameaza mundial que plantexan as especies invasoras a través de tres grandes obxectivos: asesoría política, desenrolo de capacidades e concienciación.

Aumenta a reciclaxe de envases en España pese ó descenso da producción pola crise

O volume total de reciclaxe de envases lixeiros --plástico, latas e briks-- e envases de cartón e papel creceu nos últimos anos ata as 1,23 millóns de toneladas, pese ó descenso na producción destes materiais pola crise económica, sinalou Ecoembalaxes de España (Ecoembes).

Os datos, recopilados gracias ó Sistema Integrado de Xestión (GIS) ó que están adheridas 12.175 empresas en España, que representan o 90% dos envases que se poñen no mercado cada ano, reflexan unha mellor concienciación da sociedade no referente á reciclaxe, sinalou na rolda de prensa o director de Comunicación de Ecoembes, Antonio Barrón.

En 2006 recicláronse 1,06 millóns de toneladas, cifra que ascendeu ata as 1,16 en 2007 e ata as 1,23 en 2008. As cifras reflexan certo estancamento en 2009 respecto a 2008, pero debe terse en conta o contexto xeralizado de descenso da producción debido á crise.

En concreto , Barrón explicou que mentres en 2006 e 2007 a producción de envases crecía a ritmo anual ó redor do 3%, en 2008 experimentouse un descenso do 3% e en 2009 de outro 4%. Para 2010, e todavía nun contexto de crise, Ecoembes prevé que o descenso se sitúe en torno ó 1%.

No conxunto de España recibiuse o 65% deste tipo de envases e cartón, un 10% máis do que dicta a directiva da Unión Europea. Por materiais reciclouse o 41,9% dos envases de plástico, o 84% dos envases de cartón e papel e o 71,3% de metais.