martes, 18 de mayo de 2010

España recibe unha certificación EMAS pola xestión ambiental dos seus edificios en Bruselas

O "Complexo de España" comprende os edificios da Representación Permanente de España ante a UE, da Representación ante o Consello da Unión Europea Occidental e o Consulado Xeral de España en Bélxica.

España converteuse no primeiro estado membro da UE que obtén a certificación que premia a boa xestión e auditoría ambiental ó recibir a certificación EMAS ó " Complexo España" en Bruxelas.
A ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, recibiu a acreditación no nome do Goberno de España nun acto de entrega no que estivo tamén presente o Director Xeral de Medio Ambiente da UE.
O "Complexo España" agrupa o edificio da Representación Permanente de España ante a UE, da Representación Permanente de España ante o Consello da Unión Europea Occidental e do Consulado Xeral de España en Bélxica.
A ministra Espinosa destacou ó recibir a acreditación que é esencial que as administracións públicas e as institucións europeas dean exemplo nunha Europa onde os aspectos ambientais teñen cada vez máis relevancia e a obtención do rexistro EMAS é unha boa mostra dilo.
Para a ministra o máis importante de conseguir unha certificación EMAS é que se supón o inicio dun proceso permanente no que cada ano as organizacións rexistradas establecen novos retos ambientais que deben alcanzar.
Elena Espinosa concluíu o manifestando o desexo de que a iniciativa da Misión Diplomática española sirva como exemplo e abra o camiño para que outras Misións se lancen a este reto.
Entre as melloras que supuxo acadar a certificación EMAS para o "Complexo España" foron, entre outras, a redución dun 25% do consumo de electricidade por persoa entre o ano 2008-2009, o establecemento dun sistema de reciclaxe para todos os desfeitos que se producen nos tres edificios, o establecemento dun sistema de transporte común para os desprazamentos do persoal ó Consello e o uso de electricidade verde en todo o Complexo.
A certificación obtida por España é o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais, Eco-Management and Audit Scheme(EMAS), un sistema posto a disposición de empresas e outras organizacións que, de forma voluntaria, desexan evaluar e mellorar o seu comportamento ambiental.
O sistema EMAS está dispoñible para a participación das empresas dende 1995 e aínda que orixinariamente estaba restrinxido a empresas de sectores industriais, dende 2001 EMAS está aberto a todos os sectores económicos incluíndo os servizos públicos e privados.

EMAS e o COMPLEXO ESPAÑA
O proceso para a obtención da acreditación EMAS comezou en outubro de 2007. Polas características especiais do Complexo, edificios da Administración española en territorio belga, proponse a cuestión de cal debía ser a lexislación aplicable.
A decisión foi someter ó Complexo a ambas lexislacións, e así durante o proceso cumpriuse tanto coa regulamentación belga como coa española. Foi un proceso longo e traballoso que contou coa colaboración de todos e cada un dos traballadores da Misión Diplomática que aportaron o seu pequeno gran de area.
Unha vez que o Complexo implantou o seu Sistema de Xestión Medioambiental e verificou o cumprimento de todos os requisitos marcados no Regulamento EMAS, inscribiuse no órgano competente -o Instituto de Bruxelas de Xestión Ambiental (IBGE)-, o cal o pasado día 27 de abril de 2010 comunicou oficialmente a inclusión do Complexo en dito Rexistro.

1 comentario:

grupo Sergape oferta Vigo dijo...

Convocatoria contendo bases xerais e específicas para cubrir prazas vacantes correspondentes á Oferta de Emprego Público do ano 2008. Concello de Vigo.( Ver: BOLETIN DE LA PROVINCIA 19-07-2010).

1ª.—OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo do ano 2008, incluídas na oferta de emprego público ublicada no BOP do 10 de febreiro e no DOG do 19 de febreiro de 2009, e que comprende a cobertura das seguintes prazas de persoal funcionario:

Técnico/a de Administración xeral: 3 prazas; Administrativo/a de Adminsitración xeral: 17 prazas; Auxiliar de Administración xeral:17 prazas; Subalternos: 11 prazas; Alguacil: 1 praza; Técnico/a de Sistemas: 1 praza; Técnico/a superior de Arquivos: 1 praza; Técnico /a Xestión: 2 prazas; Técnico/a medio Servizos Económicos: 1 praza; Técnico/a prevención Riscos Laborais: 1 praza; Enxeñeiro/a técnico/a Industrial: 1 praza; Enxeñeiro/a técnico/a Obras Públicas: 1 praza; Técnico/a auxiliar Bibliotecas: 1 praza; Programador/a informática: 1 praza; Técnico/a auxiliar Seguridade:3 prazas; Operador/a Informática: 1 praza; Inspector/a Auxiliar Medio Ambiente: 1 praza; Intendente Policía Local: 2 prazas; Policía: 25 prazas; Bombeiro: 10 prazas; Conductor-Bombeiro: 7 prazas.