Enerxía "verde" mediante o uso de nanotecnoloxía
Científicos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) desenrolaron unha nova fonte de enerxía "verde" tan pequena, que é invisible para o ollo humano. Os investigadores lograron idear, mediante a utilización de nanotecnoloxía, un novo proceso para xerar enerxía non contaminante que podería reducir o tamaño das baterías que empregan os produtos electrónicos ata 10 veces.
Unha fonte de enerxía necesita mover electróns dentro do material dunha punta da batería á outra, para crear así unha corrente eléctrica. A onda termoeléctrica que os científicos do MIT descubriron cos nanotubos de carbón consegue realizar este proceso. Segundo os científicos, algunhas das vantaxes desta tecnoloxía, é que se pode xerar unha gran cantidade de enerxía a partir dun dispositivo "moi pequeno". Ademais, a diferencia da maioría das baterías que hai na actualidade no mercado, que empregan materiais pesados -chumbo, níquel e cadmio-, é inofensiva para o medio ambiente xa que non produce ningún tipo de residuo tóxico.
Os autores deste traballo investigaban con cables diminutos -nanotubos de carbón- recubertos cunha capa de combustible para xerar unha onda termoeléctrica cando se toparon cunha reacción que podería empregarse para alimentar dispositivos electrónicos, ordenadores ou teléfonos móbiles. Segundo os científicos artífices do descubrimento, isto podería desembocar nun desenrolo das baterías ata 10 veces mais pequenas que as actuais pero coa mesma potencia. No campo da enerxía, ou da enerxía portátil, aínda tratamos de atopar fontes de enerxía que teñan un menor tamaño e que xeren máis enerxía.
Unha fonte de enerxía necesita mover electróns dentro do material dunha punta da batería á outra, para crear así unha corrente eléctrica. A onda termoeléctrica que os científicos do MIT descubriron cos nanotubos de carbón consegue realizar este proceso. Segundo os científicos, algunhas das vantaxes desta tecnoloxía, é que se pode xerar unha gran cantidade de enerxía a partir dun dispositivo "moi pequeno". Ademais, a diferencia da maioría das baterías que hai na actualidade no mercado, que empregan materiais pesados -chumbo, níquel e cadmio-, é inofensiva para o medio ambiente xa que non produce ningún tipo de residuo tóxico.
Os materiais empregados para fabricar estas novas fontes de enerxía son orgánicos. Non crecen de maneira natural no planeta, pero están feitos de carbón. Noutras palabras, pódense queimar, ou ben deixar que se degraden co paso do tempo, pero nunca haberá residuos de metais pesados. Outra das vantaxes desta enerxía é o aforro enerxético xa que neste sentido as baterías actuais desperdician enerxía cando non están en uso, ó contrario do que ocorre con esta nova fonte enerxética.
No hay comentarios:
Publicar un comentario