A Lei de Sustentabilidade prevé que España teña un selo de empresa responsable
O Goberno propón crear un selo de "empresa socialmente responsable" como unha das medidas incluídas no anteproxecto de Lei de Economía Sostible, a cal o contén un capítulo de responsabilidade social, ademáis dun artigo a xestión sostible das empresas públicas.
O goberno promoverá a responsabilidade social nas empresas, especialmente nas pemes poñendo a súa disposición un conxunto de características e indicadores para a súa avaliación, dacordo cos estándares internacionais.
A elaboración destes indicadores farase dacordo cas recomendacións que neste senso, realice o Consello Estatal de Responsabilidade Social Empresaria (CERSE).
Desta maneira as empresas que cumpran un nivel mínimo de indicadores poderán ser acreditadas como empresas socialmente responsables por parte do Observatorio que deberá poñer en marcha o mencionado Consello.
Este anteproxecto de Lei non só contempla as empresas privadas, senón que tamén trata de promover a xestión sostible das empresas públicas, que deberán adaptarse a esta norma no prazo dun ano despois da súa entrada en vigor.
Entre as medidas que terán que asumir estas empresas figura a elaboración de memorias de responsabilidade social anual, revisar os procesos de producción de bens e servicios aplicando criterios de xestión medioambiental, favorecer principios de responsabilidade social entre os seus proveedores e incluir nos seus proceso de contratación condicións de execución referentes o nivel de emisións de gases de efecto invernadoiro e de mantemento e mellora dos valores medioambientais que poidan verse afectados pola execución do contrato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario