TDT: Tele nova, lixo vello
O 3 de abril de 2010 é a data fixada para que a televisión analóxica deixe de funcionar en España, abrindo paso ó novo sistema de televisión dixital terrestre (TDT). Con este motivo, moitos galegos optan, (en lugar de incorporar un adaptador/receptor dixital) pola adquisición de novos televisores, que melloran a calidade da imaxe e o son e que incorporan avances tecnolóxicos. Como consecuencia deste proceso disparaouse a xeración de este tipo de residuos. Os aparatos electrónicos en xeral, e as televisións en particular, son a orixe dunha importante cantidade de residuos ó ano que deben de recibir un tratamento axeitado, priorizando a valorización e a reciclaxe dos seus compoñentes, algunos deles altamente contaminantes.
Os televisores fora de uso xestiónanse, (recollida, transporte, reciclaxe), a través dos denominados Sistemas Integrados de Gestión – SIG. O pasado ano o número de televisores novos vendidos aumentou, e a reciclaxe fíxoo de forma espectacular; en España incrementouse nun54% en relación ás cifras de 2007, chegando ás 9.770 toneladas de residuos derivados de estos aparatos electrónicos, según os datos de Ecotic, a maior ente de reciclaxe de “teles” en España. Segundo esta misma organización, na comunidade galega recolléronse en 2008, 521.359 kilogramos de televisores, o que supondría unha media de 0.188 kg. por habitante. Os datos facilitados porEcolec, outra das fundacións que opera en Galicia con esta finalidade, falan dun total de 16.825 kg. de televisores recollidos na nosa comunidade durante o pasado ano, mentres que a cifra total dos residuos tratados por Ecolec no conxunto do estado situouse en 1.666.168,11kg. Trátase de cifras parciais, xa que en Galicia operan outros SIG autorizados para o tratamento destes materiais que non facilitan datos coa fluidez desexable en materia ambiental, quizais porque as súas estructuras organizativas pensan, máis que na reciclaxe, en apoiar ou traballar comercialmente para unha marca determinada.
Da importancia de someter a reciclaje os vellos aparellos e favorecer a compra dos novos, queda constancia nos datos de balance: as novas televisións que están sustituíndo ós vellos aparellos de tubo, (segundo as cifras de Ecotic, o 70% dos fogares todavía contan con televisións de tubo), aportan ademáis unha mellora ambiental importante, xa que os aparellos antigos son máis contaminantes que os de tecnoloxía LCD, con altos porcentaxes de chumbo, fósforo e outros elementos como cadmio e prásticos inflamables.
Fonte: O Correo Galego
No hay comentarios:
Publicar un comentario