A invasión exótica
Este fenómeno de invasión por especies exóticas non é exclusiva dos ríos galegos, senón que é un fenómeno global e en certos casos a súa vinculación non é unicamente pola man do home senón que afectan factores como o cambio climático producindo desprazamentos de hábitats e especies. Os ríos galegos son un idóneo caldo de cultivo para a presenza de especies que nada teñen que ver coa biodiversidade galega como o lucio, o peixe mosquito, a perca americana ou a troita arcoiris. Ademais dos peixes, os outros exemplos de fauna que están a causar “impactos relevantes” son o cangrexo vermello americano ?destrúe a vexetación, é un depredador voraz e porta a afanomicosis, a principal causa da desaparición do cangrexo de río autóctono, a ameixa chinesa ou o visón americano, introducido no medio natural a través dos exemplares que escapan das granxas peleteras e que tamén se considera un depredador moi potente e un vehículo de transmisión de enfermidades. No catálogo das especies máis problemáticas que afectan á súa conca, a Confederación Hidrográfica do Norte inclúe o coñecido mexillón cebra. En canto a flora de ribeira débese a unha introdución accidental que se une neste caso a importación para cultivo, o aproveitamento forestal e o uso ornamental. As máis representativas e estendidas, sobre todo nos tramos medio e baixo dos ríos, son a cabeleira da raíña, a herba da pampa, a orella de gato ou amor de home, a herba de coitelo e, como non, o sempre polémico eucalipto.
Os expertos falan de catro posibles vías de entrada para as especies exóticas nos ríos da comunidade e no resto de España. As introducións intencionadas, os movementos e o transporte en embarcacións, as actividades asociadas á acuicultura e a interconexión entre concas hidrográficas. As especies exóticas invasoras son xa a segunda causa de perda de biodiversidade segundo a Unión Mundial para a Natureza. O golpe que supoñen para os hábitats e a biodiversidade. Pero hai outro, toda unha dor de cabeza para as Administracións, que é o económico. Producindo perdidas de ingresos até o supor elevados custos económicos para o seu control. No primeiro caso, polos danos que provocan na produtividade agraria polas pragas, os prexuízos ás infraestruturas ou a contaminación de produtos que se comercializan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario