Unha macrosombrilla espacial
Os miles de inxeneiros e científcos que, a nivel mundial, están a estudiar o cambio climático estásenlle ocurrindo algunhas ideas moi sofisticadas, algúnhas delas son:
- Simular unha erupción volcánica. A erupción do volcán Pinatubo, en Filipinas, en 1991 introduciu de golpe na estratosfera 20 millóns de toneladas de dióxido de xofre. As partículas, entre outros efectos, evitaron que parte da enerxía do Sol chegase á Terra e, como resultado, a temperatura media do planeta baixou lixeiramente. Para Paul Crutzen e outros, esa erupción foi un experimento natural do que se pode aprender. A proposta consiste en inxectar periodicamente na estratosfera, preferentemente mediante globos, millóns de toneladas de partículas de dióxido de xofre
- Nubes máis brillantes A cantidade de luz solar que as nubes devolven ao espazo depende da superficie das pingas que forman a nube. Moitas pingas pequenas ofrecen máis superficie que poucas pingas grandes. Por iso o que propoñen os británicos John Latham e Stephen Salter é regar as nubes con auga de mar para que acaben formándose innumerables gotitas ao redor dos grans de sal. Como facelo? Cunha flota de varios miles de barcos pantasma asucando os mares constantemente: algo así como catamaráns non tripulados e guiados por satélite, equipados con altos cilindros giratorios que fan as veces de velas e aspersores. Pégalas: o seu custo, nada barato, e que non se sabe realmente canto aumentaría a reflexión das nubes.
- Unha macrosombrilla espacial A proposta tecnoloxicamente máis sofisticada lanzouna o prestixioso astrofísico Roger Angel, da Universidade de Arizona, hai dous anos: colocar no espazo, concretamente nun punto a 1,85 millóns de quilómetros da Terra, nada menos que 16 billóns (millóns de millóns) de finísimos discos de silicio que formarían unha xigantesca antuca planetaria. Os discos disporíanse nun enxame que, desde esa distancia, daría sombra a toda a Terra sen contaminar. Cada disco tería un pequeno espello que actuaría de vela solar; ademais, habería satélites pastoreando a nube. Non faría falta montaxes no espazo, nin ningún astronauta: os discos serían lanzados en paquetes, e unha vez no seu destino serían esparexidos automaticamente como os naipes dunha baralla. Pero iso non elimina os obstáculos. Tardaríase case un século en fabricar tantos discos, e Angel estima un custo de cinco billóns (millóns de millóns) de dólares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario