O creador del termo “quecemento global”, premiado
O coñecido investigador estadounidense Wallace Broecker foi galardoado co premio d
a Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na súa categoría de Cambio Climático. Broecker predixo fai máis de tres décadas as existencias dun quecemento global debido á acción humana, en 1975 público o articulo titulado Cambio climático: Estamos ao bordo dun quecemento global pronunciado?, onde predicía o incremento de emisións de CO2 e a diminución de capacidade dos océanos en absorber o exceso de carbono propondo por primeira vez o termino quecemento Global.
A decisión de premiar a Broecher foi tomada entre un elenco de 33 candidaturas de numerosos países, de científicos multidisciplinares que investigan o medio ambiente e as múltiples vertentes do cambio climático.
Broecker achegou as evidencias do papel do océano na concentración de carbono na atmosfera; puxo en marcha a metodoloxía para coñecer a concentración de CO2 nos mares; recolleu os rexistros paleoclimáticos mariños e o papel que xogaron nas eras glaciais e interglaciares; descubrindo os cambios abruptos que moven o sistema climático.
Nada máis coñecer a noticia do premio, dotado con 400.000 euros, mostrou a súa satisfacción. «Teño 77 anos e un salario decente, e vivo de forma sinxela. Non teño gustos caros nos que podería gastar o diñeiro. Penso que o diñeiro investido en ciencia a través de fundacións pode ter grandes vantaxes», sinalou desde Nova York. O montante económico do seu último premio doouno recentemente nun 90% a unha fundación científica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario