martes, 13 de enero de 2009

Apendices e contaminacion

A medida que a contaminación avanza a nivel mundial vanse descubrindo novos efectos nocivos sobre a saúde, algúns deles bastante inesperados. Segundo unha nova investigación, unha das vítimas da polución do aire podería ser o vello e querido apéndice.

Este é un pequeno órgano situado ao comezo do intestino groso, que ás veces se inflama, sen causa coñecida, e ao que se adoita extirpar nunha operación sinxela. Este procedemento non causa maiores complicacións xa que se cre que o apéndice non cumpre ningunha función.

Os especialistas da Universidade de Calgary, Canadá, traballaron con 5.000 adultos que foron internados por apendicite entre 1999 e 2006. Ademais, para relacionar a súa hospitalización coa contaminación usaron os datos provistos polo Servizo Nacional de Vixilancia da Contaminación Aérea de Canadá.

Observouse que a probabilidade de ser internados por apendicite aumentaba un 15% se nos cinco días anteriores á hospitalización a concentración de ozono era máis alta. Atopouse que esta correlación se repetía, aínda que en menor medida, para o dióxido de nitróxeno e o dióxido de sulfuro, entre outros contaminantes. Outro dato interesante foi que este efecto foi máis forte no verán, cando as persoas pasan máis tempo ao aire libre.

Os investigadores explicaron que en estudos previos demostrouse que a contaminación empeora ou causa enfermidades porque promove as inflamacións, e cren que este podería ser o mecanismo polo cal aumenta as causas de ter unha apendicitis.

Fonte: www.saludyciencias.com.ar

No hay comentarios: