As pemes poden aforrarse preto de 2.100 millóns de euros en enerxía con medidas de eficiencia
As pequenas e medianas empresas (pemes) españolas poderían aforrar 2.137 millóns de euros ao ano se aplican medidas para logralo, segundo o Índice de Eficiencia Enerxética na Peme 2008, elaborado por Unión Fenosa.
O potencial de aforro das empresas ao ano é de 23.275 gigavatios (GWh), o que permitiría abastecer aos fogares de Galicia, Estremadura e Castela-A Mancha durante doce meses. Con este aforro enerxético poderíanse crear 83.000 postos de traballo.
O estudo de eficiencia realizado pola eléctrica este ano mostra unha mellora do índice en 0,5 puntos, que se eleva ao un 1,2% do total de enerxía consumida. Este incremento é o maior desde 2005, ano en que empezou a elaborarse o indicador, en cuxa elaboración participan máis de 19.500 pemes.
O comportamento destas empresas, asegura Unión Fenosa, permitiu aforrar a emisión á atmosfera de 8.388 toneladas de CO2, e o índice xeral sitúase xa en catro puntos sobre dez. A mostra do estudo foi escollida sobre empresas de entre seis e 199 empregados pertencentes aos sectores de comercio, Iindustria, hoteis, servizos profesionais e restaurantes, entre outros, para reflectir unha representatividade nacional, sectorial e autonómica.
Outra das conclusións do estudo refírese ao aumento da cultura enerxética entre as empresas. Cada vez son máis as pemes que aplican plans de aforro enerxético (25% fronte ao 19% da edición anterior), a pesar de que aínda existe un baixo nivel de coñecemento sobre os programas e subvencións existentes nos organismos públicos nesta materia.
Fonte: El País
No hay comentarios:
Publicar un comentario