miércoles, 15 de octubre de 2008

¿Son ecolóxicos os biocombustibles?

Diversas fontes cúlpanos de destruír ecosistemas, incrementar as desigualdades sociais ou aumentar os prezos dos alimentos básicos. Os biocombustibles, derivados de materiais tan diversos como os cereais ou os aceites refugados, apenas representan hoxe día o 0,5% dos combustibles consumidos polo transporte por estrada. Pero esta situación pode cambiar en breve: Presentados como unha alternativa ecolóxica aos combustibles fósiles, a Unión Europea pretende multiplicar por 10 o consumo actual de biocarburantes (bioetanol e biodiesel) para 2010, e por 20 para 2020. Estados Unidos, baseándose no bioetanol a partir do millo, propúxose o obxectivo do 10% para o 2015. Pola súa banda, Brasil asegura autoabastecer as súas necesidades de combustible grazas a eles. Con todo, cada vez máis científicos, ecoloxistas ou agricultores levantan a súa voz contra o seu actual modelo de desenvolvemento. A destrución dos ecosistemas, o aumento das desigualdades sociais ou a alza dos prezos dos alimentos básicos son algunhas das súas críticas. Existen estudos onde se confirma que o incremento da produción de biocombustibles podería despedir nove veces máis dióxido de carbono (CO2) durante as próximas tres décadas que os combustibles fósiles. Estes estudos baséanse no calculo do impacto das emisións dos biocombustibles en todo o seu ciclo produtivo.

Investigadores da Universidade de Leeds e do World Land Trust, do Reino Unido, consideraban desacertado destruír bosques para instalar na súa superficie cultivos de biocombustible, xa que con iso estaríase liberando o CO2 gardado nas árbores, ademais de causar un impacto ambiental grave en forma de perda de hábitat e de fauna e flora, desertificación, e desequilibrios no clima.
Algúns expertos prefiren chamalos "agrocombustibles", unha denominación máis descritiva que elimina a súa suposta etiqueta "bio" ou ecolóxica. Por
exemplo, un estudo do ecólogo da Universidade de Cornell David Pimentel publicado en 2005 aseguraba que o balance enerxético do etanol a partir de millo é negativo, é dicir, a enerxía necesaria para producilo sería superior á que xera.

Nest
e sentido, institucións como a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e o Fondo Monetario Internacional (FMI) realizaron críticas ás condicións actuais nas que se están desenvolvendo os biocombustibles. Segundo a FAO, 500 millóns de hectáreas de terras agrícolas desaparecerán, contando só ao terceiro mundo. Pola súa banda, expertos afirman que a produción de biocombustibles pode pór en perigo as provisións futuras.
José Santamarta, responsable en España do Instituto World Watch e colaborador do Ministerio de Medio Ambiente, destaca algúns estudos realizados en California que apuntan a unha maior contaminación que a gasolina á que substitúe o etanol en mesturas que van do 5% ao 85%. Así mesmo, segundo Santamarta, os biocombustibles contribúen a perpetuar un modelo enerxético e de transporte insustentable, substituíndo pequenas por
centaxes do consumo de gasolina e gasóleo por etanol e biodiésel, respectivamente. "O entusiasmo do presidente George W. Bush polo etanol é significativo".
Ademais todo isto pode levar graves consecuencias
sociais, especialmente ás que viven no medio rural, xa que os beneficios económicos céntranse en poucas mans. E o que é máis sanguento, as novas políticas de plantacións a gran escala propostas por EEUU ou na UE producen modificacións no mercado internacional, obtendo como resultado pagar máis por un recurso. Os países desenvolvidos poderán permitirse pagar mais por biocombustibles e alimentos (tampouco a longo prazo) pero os países en vías de desenvolvementos pódense quedar sen ambos.

Neste contexto, parece que as críticas están a ser escoitadas. A Asemblea da Unión Internacional de Conservación da Natureza (UICN), considerada o parlamento planetario do medio ambiente, aprobou unha recomendación aos gobernos de todo o mundo para que deixen de subvencionar a produción de biocombustibles.

Polo tanto, tendo en conta o actual sistema de xestión expóñolle a seguinte cuestión ¿son ecolóxicos os biocombustibes?

20 comentarios:

Anónimo dijo...

very nice! hahahahaha

Anónimo dijo...

i think you add more info about it.

Anónimo dijo...

very nice! hahahahaha

Anónimo dijo...

very clever.

Anónimo dijo...

what happened to the other one?

Anónimo dijo...

well its nice to know that you have great hits here.

Anónimo dijo...

haha.

Anónimo dijo...

well its nice to know that you have great hits here.

Anónimo dijo...

im here because of few cents for you. just dropping by.

Anónimo dijo...

very nice! hahahahaha

Anónimo dijo...

ok. I found an information here that i want to look for.

Anónimo dijo...

help me.

Anónimo dijo...

ok. I found an information here that i want to look for.

Anónimo dijo...

when will you go online?

Anónimo dijo...

wow, very special, i like it.

Anónimo dijo...

Very fine......

Anónimo dijo...

wow, very special, i like it.

Anónimo dijo...

very clever.

Anónimo dijo...

i think you add more info about it.

Anónimo dijo...

not bad.