Qué barato é contaminar !!!
A contaminación das rías e ríos galegos leva decenios sendo un mal endémico contra o que, no entanto, cada vez peléxase con maior forza. Sen ir máis lonxe, a conserveira de Rianxo Miramar paga unha sanción cada mes desde xaneiro do 2006 por non depurar os seus residuos e verterlos directamente ao mar.
No caso da firma de Rianxo, a empresa debe facer fronte todos os meses a sancións de 300 euros por contaminar. O Concello de Rianxo emprendeu hai catro anos unha cruzada contra esta firma para que se conecte á rede de saneamento, pero os seus intentos até a data foron infrutuosos.
A conserveira xa tentou no pasado conectar a fábrica á rede pública, pero iso esixe unha serie de melloras na nave. Ocorre que a infraestrutura de saneamento de Rianxo non pode asumir os residuos que xera a planta se se verten directamente, polo que é necesario que se incorpore directamente un sistema de depuración nas súas instalacións que procese as augas residuais antes de envorcalas á rede de sumidoiros.
Isto require un investimento que, segundo parece, a empresa non está disposta a asumir, a pesar de que as sancións tanto municipais como da Xunta non deixan de acumularse.
O Concello, que só ten competencias para multar á conserveira, deu parte á Consellería de Medio Ambiente. Tanto o departamento autonómico como Augas de Galicia e Portos de Galicia están ao tanto da situación da factoría que, de feito, xa tivo que facer fronte a unha forte sanción económica imposta polo primeiro destes organismos.
Con todo, ante os pobres resultados, o Concello advirte de que sobre a fábrica se cerne a ameaza de peche. De feito, fontes municipais indicaron que xa se mantivo unha reunión cos representantes dos traballadores para informarlles desta posibilidade
Fonte: La Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario