jueves, 31 de julio de 2008

SMOG OLIMPICO

Os Xogos Olímpicos é o evento deportivo de maior importancia, realízase cada catro anos nunha localización mundial distinta sendo así a gran festa do deporte mundial. Que dicir deste acontecemento, que gusta a todo o mundo dado que a gran variedade de modalidades deportivas (dende o fútbol até a hípica pasando pola natación ou a ximnasia rítmica) e a multitude de países participantes é de agrado para tódolos públicos. O 8 de agosto comezan en China as ultimas olimpíadas, coas principais sedes en Pequín e Hong Kong, e sorprendentemente nos últimos meses non se fala nin dos posibles records mundiais a bater nin dos atletas estrelas que irán nin de nada estrictamente deportivo; senón que os dous temas fundamentais son os dereitos humanos e a contaminación; onde trataremos o segundo deles.

Unha das maiores preocupacións que rodean a este evento é a contaminación atmosférica e máis concretamente un efecto local da mesma denominado smog; fenómeno que se produce polo estacionamento do aire e a permanencia da contaminación nas capas baixas da atmosfera sendo un fenómeno moi típico en grandes urbes industrializadas.

Dentro dos distintos contaminantes presentes nesta atmosfera cobra gran importancia as PM10; son partículas en suspensión procedentes do tráfico ou da industria que poden causar asma, problemas cardiovasculares, cancro de pulmón ou morte prematura, e no que actualmente non se conseguiron atallalas a niveis seguros a pesar das medidas propostas polo país asiático. As principais medidas son: a redución á metade do parque automobilístico de Pequín, a suspensión das actividades dun bo numero de industrias e a paralización do sector da construción ata que acaben os Paralímpicos. é tal a importancia da presenza na atmosfera destas partículas que combinadas coas altas temperaturas actuais pode provocar importantes danos á saúde, por exemplo en Hong Kong sede das probas hípicas rexistráronse unhas 1.334 emerxencias respiratorias e a morte dunha muller de 52 anos de idade.

Dentro dos deportistas tamén aumenta a preocupación, de tal modo que varias delegacións estudan a posibilidade de utilizar máscaras o máximo tempo posible, mesmo un participante da modalidade de tiro, o neozelandés Graeme Ede, esta a adestrar en condicións de baixa luminosidade para obter mellores rendementos, e o recordman de maratón Gebreselassie renunciou a correr esta proba por motivos de saude. Poderiamos seguir pondo exemplos de medidas “deportivas” contra a contaminación, pero o realmente importante é que algo tan bonito e nobre como o deporte olímpico véxase ensombrecido por estas cuestións. Polo menos espero que isto nos faga pensar sobre o noso futuro e se queremos ver a atletas con máscaras, deportistas escapando das cidades para adestrarse, recomendacións publicas de non exercer deporte ao aire libre en certos días (medida tomada en Madrid non vai moito). Por isto e outros motivos proponse varias preguntas e que cada un saque as súas propias conclusións.
Estamos ante os peores xogos olímpicos da Historia?

É china unha sede xusta para os xogos olímpicos?

Dentro duns anos os deportistas ademais de contra os seus rivais terán que competir contra a contaminación?

Horarios laborais máis flexibles e teletraballo para combatir o cambio climático

O teletraballo e os horarios de entrada máis flexibles en oficinas e escolas son duas das propostas do Parlamento Europeo para reducir o tráficos urbano e mitigar o impacto sobre o medio ambiente. Nun informe aprobado recientemente, os diputados solicitaron maís financiación comunitaria para os proxectos que pretendan lograr unha movilidade máis flexible e sostible nos centros urbans.

O texto tamén propón introducir trenes rápidos que conecten os centros urbans con portos, estacións e aeroportos.

Fonte: www.europarl.europa.eu

miércoles, 30 de julio de 2008

Luz Sostible

Algunhas vantaxes das lámpadas de baixo consumo sobre as lámpadas incandescentes.
O porqué deberías utilizalas na túa casa:

1. Son “frías”: a maior parte da enerxía que consomen convértena en luz. En cambio practicamente a metade da enerxía que consome unha lámpada incandescente transfórmase en calor e non en luz.

2. Utilizan entre un 50 e un 80% menos de enerxía que unha lámpada normal incandescente para producir a mesma cantidade de luz. Unha lámpada de baixo consumo de 22 watts equivale a unha lámpada incandescente que consome 100 watts.

3. Unha lámpada de baixo consumo de 18 watts utilizada en lugar dunha lámpada inscandescente de 75 watts supón un aforro de 570 kWh ou Quilowatt hora ao longo de toda a vida da lámpada, o que economicamente (prezo medio en España) supón a aforrarse 62 euros nese período de tempo. Tamén significa reducir en máis de media tonelada o CO2 arroxado á atmosfera.

4. As lámpadas de baixo consumo duran ata 10 veces máis e só custan sete veces máis. “10 veces máis” significa ata 10 ou 12.000 horas, que equivale a entre 5 e 10 anos para un uso medio de tres horas ao día ao longo de todo un ano. As versións “longlife” dalgúns fabricantes poden chegar a duplicar esta duración.

5. Unha lámpada incandescente costa entre 5 e 10 veces o seu prezo en electricidade para facela funcionar ao longo da súa vida (que é de entre 750 e 1.000 horas).

6. Unha lámpada incandescente apenas converte o 2,6% da enerxía que consome en luz visible, mentres que unha lámpada fluorescente dedica ata o 15% da enerxía consumida en cumprir a súa misión de iluminar.

7. Se cambias cinco lámpadas incandescentes (das “normais”) por cinco lámpadas de baixo consumo equivalentes (28 watts) podes aforrarche uns 60 euros ao ano en electricidade. E o que é máis importante, reducirás a emisión de gases do efecto invernadoiro en 340 Kg.