lunes, 17 de diciembre de 2007

Medio Ambiente. As empresas españolas, primeiras en Europa en certificación ambiental.17/12/2007

As empresas e institucións españolas ocupan o primeiro posto na listaxe europea e o terceiro na clasificación mundial en certificados segundo a norma internacional ISO 14001 de xestión ambiental, con 11.125 certificados. Ademais, España é o segundo país europeo en certificados ISO 9001 de xestión da calidade e o cuarto no mundo, con 57.552 certificados.

- 11.125 empresas contan co certificado ISO 14001 (2.505 máis que en 2005, o que supón un incremento do 29%).
- Xapón e China encabezan a prelación mundial en canto a xestión ambiental.
- Respecto da xestión da calidade, España sitúase a cuarta no mundo e a segunda en Europa.
Así se desprende do último Informe da Organización Internacional de Normalización (ISO) sobre certificación da calidade e xestión ambiental que presentou a Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor).
Este informe recolle a clasificación por países respecto ao número de certificados ISO 14001 de xestión ambiental e ISO 9001 de xestión da calidade no mundo, na que España ocupa o terceiro e cuarto posto respectivamente.
En xestión ambiental, as entidades españolas manteñen, desde fai dous anos, o primeiro posto europeo e o terceiro da clasificación mundial, cun total de 11.125 certificados ISO 14001, 2.505 máis que en 2005, o que supón un incremento do 29%.
Na clasificación mundial de xestión ambiental, España ocupa o terceiro posto por detrás de Xapón (22.593) e China (18.842), primeiro e segundo respectivamente, e está por diante de países europeos como Italia (4ª), Reino Unido (5ª), Alemaña (8ª), Suecia (9ª) ou Francia (10ª).
Respecto da xestión da calidade, España mantén o posto alcanzado o ano anterior na clasificación ISO 9001 tanto no contexto europeo (2ª), como mundial (4ª) con 57.552 certificados, un 21% máis que en 2005 (47.445).
China encabeza a listaxe mundial con 162.259 certificados, seguido de Italia (105.799) e Xapón (80.518). Tras España figuran Alemaña (46.458) e Estados Unidos (44.883).
Fonte de Datos: crónica social

martes, 4 de diciembre de 2007

CLIMA. O encoro que fornece á Coruña bate de novo o seu mínimo histórico Cecebre atópase no 31% da súa capacidade.

A falta de choivas neste inusual outono seco fixo que o encoro de Cecebre que abastece a cidade da Coruña atópese no mínimo histórico da súa capacidade.O encoro atópase ao 31%, pero desde a empresa administradora explican que o consumo está garantido e a situación non é grave.

La Voz de Galicia
Autor: Redacción dixital
Data de publicación: 3/12/2007

SECA. O outono máis seco desde 1978 deixa o encoro a un 6% do nivel de alerta


A choiva cae gotiña a gotiña. E o encoro de Cecebre, que fornece á cidade e á súa área metropolitana, vai de marca en marca no que se refire ao nivel mínimo histórico. Se o xoves estaba ao 31,5%, onte caera ao 31%: nunca estivo tan baleiro. A situación sería alarmante se esa porcentaxe chega ao 25%. Está a seis puntos de que se dea a primeira alerta. En todo caso, Emalcsa matiza que, aínda que non chova, o abastecemento está garantido... para este mes.
A explicación ao panorama desolador que hai en Cecebre atopámola nos datos ofrecidos pola sección de Climatoloxía do Centro Meteorolóxico Territorial en Galicia, que confirma que o actual «é o outono máis seco desde 1978». O encoro empezou a operar un ano antes.O último setembro caeron 29,8 litros por metro cadrado, cando a media normal do mes é 67,5.
Outubro destacou pola súa falta de precipitacións: 19,2 litros por metro cadrado, cando a media habitual é 117,8. Desde 1978 (17,7 litros por metro cadrado) non se rexistrou un décimo mes tan seco na cidade.
En novembro prolongouse a seca, sempre segundo os datos do Meteorolóxico. Medíronse 45,5 litros por metro cadrado, cando a media é 126,1. A maioría recolléronse o día 18 (19,7). O habitual é que chova 18 días, e só houbo precipitación apreciable en nove.
De 532 a 94
Xa que logo, entre setembro e novembro deste ano caeron só 94,5 litros por metro cadrado, o que supón 437 menos que no mesmo período do 2006 (foron 532,1) e un 216,9 menos do habitual.
Para esta semana anúncianse choivas. O Meteorolóxico di que as posibilidades de precipitación son hoxe do 50%, mañá do 85%, o xoves do 90% e o sábado e o domingo do 100%.


La voz de Galicia
Autor: Rubén Ventureira
Data de publicación: 4/12/2007