VERTIDOS NO UMIA
VIEIROS.COM
APARECEN NOVOS VERTIDOS NO RÍO
Investigan se outras empresas aproveitaron o accidente para verter contaminantes ao Umia
[06/09/2006 14:43] A aparición de novas manchas no río Umia, segundo explicaban este martes desde a consellaría de Medio Ambiente, presuntamente xurdidas río arriba alén do propio lugar onde se produciu o verquido da factoría de Brenntag, esperta a sospeita de que algunha outra empresa aproveitase o suceso para desfacerse de sustancias contaminantes almacenadas botándoas ao río. E mentres avanza o traballo de limpeza, en dous días agárdase que estea listo o plan de recuperación para o Umia, e os técnicos son optimistas sobre este proceso. Ao tempo, Xunta e administracións locais acordaron curtar outra vez durante a noite a auga na comarca do Salnés, para aforrar o caudal no treito por baixo dos diques de contención.
A realización de análises continuas na auga do río Umia deu este martes na detección, despois de atopárense novas manchas nunha zona do cauce, de vertidos cunha orixe presuntamente diferente aos da propia factoría incendiada a pasada fin de semana. Así o confirmaban este martes desde a consellaría de Medio Ambiente, ao tempo que desde a propia empresa Brenntag descartaban que as novas pegadas de contaminación tivesen que ver co verquido causado días atrás.
Por outra parte, os técnicos da Universidade de Santiago e os colaboradores do Consello Superio de Investigacións Científicas que traballaran na recuperación do acontecido en Aznalcóllar, amosábanse optimistas respecto ao futuro do Umia despois desta catástrofe e louvaban a rapidez de actuación como clave para que a catástrofe non fose de maiores dimensións.
Mentres, seguiu con normalidade o traballo de desvío da auga no primeiro dique de contención establecido, freando a mancha e peneirando a auga para a súa limpeza a través de filtros compostos de magnesita, carbono activo e cortiza de eucalipto triturado, e tratada en balsas con grandes cantidades de carbono activo e carbonato cálcico. Augas abaixo, construíronse até tres diques diferentes para controlar o posíbel fraccionamento dos contaminantes.
Ao tempo, segue a instalación da canalización de tubarías para recoller auga do treito san do río para o abastecemento dos fogares da comarca. Traballadores de sete empresas galegas traballan en quendas e ininterrumpidamente, na creación desta infraestrutura: Espina e Delfín, Tragsa, Copasa, Taboada e Ramos, Fergo Galicia, Movex Vial e Construcciones Sangiao. O primeiro treito podería estar listo o próximo venres, garantindo o abastecemento para Vilagarcía.

1 comentario:
Os desastres ecolóxicos causados por accidentes ou erros podense arranxar, pero os riscos derivados das actitudes antiecolóxicas grabadas a lume na testa de moita “xente” son as veces irremediables. Xa no caso do Prestige atoparamonos con estas actitudes, aproveitabanse os vertidos para ocultar a limpeza dos depósitos dos buques. Esto da que pensar, porque sabemos que fai falla desenvolver medidas para a protección do medio, pero a tarefa máis dificil que nos queda por diante e cambiar a conciencia dos nosos veciños, plantando neles o xerme de novas actitudes que logren que os montes, rios, rías, etc... se vexan como unha riqueza para todos e non como un vertedoiro. Hai que deixar de contaminar pero non por temor a accións xudiciais senon polo respeto ó propio entorno, tarefa dificil se pensamos que na actualidade non nos respetamos entre nós, nin a nos mesmos.
Publicar un comentario