INCENDIOS FORESTAIS GALICIA
O Goberno recoñece que algúns incendios en Galicia foron provocados por individuos con motos e enmascarados (EUROPA PRESS 10-novembro 2006)
O Goberno recoñeceu que “ten constancia” de que algúns dos incendios forestais ocorridos en agosto en Galicia foron provocados por “individuos equipados con motos e enmascarados” e en demarcacións nas que non traballa a Garda Civil.
En resposta a unha pregunta do BNG, o Goberno subliñou que, malia iso, efectivos da Benemérita están investigando estes casos, aínda que, polo momento, “sen resultado positivo”. Así mesmo, subliñou que dos incendios en cuxa extinción participou este corpo participou, “tan só o 11% producíronse por imprudencias ou neglixencias” e o 6,20% por “causas naturais e accidentais”.
Segundo as estatísticas da Garda Civil, o 26% deles foron intencionados e máis da metade, 56,80% “de orixe descoñecida”.Na súa pregunta, Rodríguez reclamou “máis eficacia” ás forzas de seguridade na detención dos incendiarios e “máis rigorosidade” nos informes policiais, incluíndo datos como a profesión dos detidos, a súa orixe ou antecedentes “para ir a unha maior obxectivación”.

1 comentario:
Toda acción xenera unha reacción, neste caso moitas, a perda de superficie arbolada altera a climatoloxía local, favorece a perda de nutrientes do solo e incrementa a escorrentía da auga cara os ríos. Desta vez tocalle paga –los pratos rotos ós mariscadores pero se non coidamos os nosos bosques todos en maior ou menor medida verémonos afectados. Xa que con respecto os incendios parece que é tan dificil loitar, inda que debemos facelo ata a extenuación, polo menos deberíamos tentar evitar que se traslade a Galicia o modelo urbanístico que xa destrozou as costas do Levante Español (urbanizacións ilegais, campos de golf...). Neste campo sí que se pode actuar, non debemos permitir que a mafía urbanística se instale no noso pais e acabe co pouco monte que nos queda.
Publicar un comentario