jueves, 5 de agosto de 2010

O 70% dos españois afirma que recicla vidro

Ecovidrio, organización sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro depositados nos colectores en España, realizou un estudo dirixido a cidadáns españois de entre 18 e 65 anos do que se desprenden datos sobre as actitudes e hábitos ante a reciclexe do vidro.

Segundo datos desta investigación, realizada pola empresa de mercados Quor, houbo un aumento dun 7 % de cidadáns que reciclan vidro de forma habitual respecto ós datos do último estudo realizado fai 2 anos, acandando o 70% de cidadáns que afirman considerar a reciclaxe destes envases coma unha costume.
Por outra banda, a acción de reciclar vidro destaca entre as 10 primeiras tarefas domésticas, o que indica un paso máis na concienciación cidadá sobre a reciclaxe do vidro. Concretamente, o 45,4 % dos cidadáns sinala esta acción coma unha tarefa doméstica máis.

Un hábito a seguir mellorando pola súa incidencia no medioambiente
Outro dato que se desprende do estudo é que os españois situamos, con un 20 %, o acto de reciclar coma unha das costumes que deben seguir mellorándose pola súa aportación ó medioambiente, só por detrás da utilización do vehículo particular (38,4%) e do aforro no consumo de auga no fogar (27%).
Esta circunstancia varía nalgunhas rexións; en Canarias, por exemplo, otórgase máis importancia ó aforro no consumo de auga (38%), que á utilización do vehículo particular (33,8%). Na Comunidade Valenciana, e segundo hábito a modificar é a reciclaxe de residuos (24%), seguido do consumo de auga (21%); e nas rexións de Murcia, Navarra e País Vasco, a costume de reciclar está máis próximo ó cuarto posto, cerca das prácticas de non abusar do uso da calefacción e o aire acondicionado.
Ademais, a importancia que conferimos a seguir mellorando no reciclado de residuos pola súa incidencia no medioambiente varía segundo o tipo de perfil do entrevistado: sube á segunda posición no caso de mulleres entre 25 e 34 anos e cae ó cuarto lugar en homes de 24 a 54 anos e mulleres de 45 a 54 anos.

Os erros máis frecuentes dos españois á hora de reciclar vidro
Outras das conclusión que se extraen deste estudo, son os errros frecuentes que cometen os cidadáns á hora de reciclar os envases de vidro; un 40%, pratos, cerámica, loza e outras pezas de vaixela; e o 33,6 % afirma depositar no iglú frascos de medicamentos. Estes elementos nunca deben depositarse no colector de vidro, o cal está destinado únicamente a envases de vidro: botellas, tarros e frascos.