jueves, 5 de agosto de 2010

O 70% dos españois afirma que recicla vidro

Ecovidrio, organización sen ánimo de lucro encargada da xestión do reciclado dos residuos de envases de vidro depositados nos colectores en España, realizou un estudo dirixido a cidadáns españois de entre 18 e 65 anos do que se desprenden datos sobre as actitudes e hábitos ante a reciclexe do vidro.

Segundo datos desta investigación, realizada pola empresa de mercados Quor, houbo un aumento dun 7 % de cidadáns que reciclan vidro de forma habitual respecto ós datos do último estudo realizado fai 2 anos, acandando o 70% de cidadáns que afirman considerar a reciclaxe destes envases coma unha costume.
Por outra banda, a acción de reciclar vidro destaca entre as 10 primeiras tarefas domésticas, o que indica un paso máis na concienciación cidadá sobre a reciclaxe do vidro. Concretamente, o 45,4 % dos cidadáns sinala esta acción coma unha tarefa doméstica máis.

Un hábito a seguir mellorando pola súa incidencia no medioambiente
Outro dato que se desprende do estudo é que os españois situamos, con un 20 %, o acto de reciclar coma unha das costumes que deben seguir mellorándose pola súa aportación ó medioambiente, só por detrás da utilización do vehículo particular (38,4%) e do aforro no consumo de auga no fogar (27%).
Esta circunstancia varía nalgunhas rexións; en Canarias, por exemplo, otórgase máis importancia ó aforro no consumo de auga (38%), que á utilización do vehículo particular (33,8%). Na Comunidade Valenciana, e segundo hábito a modificar é a reciclaxe de residuos (24%), seguido do consumo de auga (21%); e nas rexións de Murcia, Navarra e País Vasco, a costume de reciclar está máis próximo ó cuarto posto, cerca das prácticas de non abusar do uso da calefacción e o aire acondicionado.
Ademais, a importancia que conferimos a seguir mellorando no reciclado de residuos pola súa incidencia no medioambiente varía segundo o tipo de perfil do entrevistado: sube á segunda posición no caso de mulleres entre 25 e 34 anos e cae ó cuarto lugar en homes de 24 a 54 anos e mulleres de 45 a 54 anos.

Os erros máis frecuentes dos españois á hora de reciclar vidro
Outras das conclusión que se extraen deste estudo, son os errros frecuentes que cometen os cidadáns á hora de reciclar os envases de vidro; un 40%, pratos, cerámica, loza e outras pezas de vaixela; e o 33,6 % afirma depositar no iglú frascos de medicamentos. Estes elementos nunca deben depositarse no colector de vidro, o cal está destinado únicamente a envases de vidro: botellas, tarros e frascos.

lunes, 14 de junio de 2010

O novo logo Bio da UE: os especialistas recomendan unha preparación minuciosa

Durante unha xornada na Ökahaus de Francfort, o avogado de Freibubrg Hanspeter Schmidt e o Dr. Neuendorff, xerentes da axencia certificadora da cidade alemá de Gotinga Gesellschaftfür Ressourcenschutz (GfRS), presentaron as novidades máis importantes do selo ecolóxico da UE. "Non hai ningún motivo para darse prisa, tómese o tempo preciso para adaptar a súa embalaxe", opina Neuendorff.

Mentres que algúns fabricantes xa están preparados para empregar o novo identificativo a partir do 1 de xullo de 2010, a data de lanzamento, outros queren esperar todavía. "Hai un prazo de transición xeneroso ata xullo de 2012. É mellor empregalo, anunciou Schidt, para que non se produza ningún erro na utilización do logotipo.
Para produtos de nova introdución a partir de xullo de 2010, Schimidt e Neuendorff recomendan poñerse de acordo coa oficiña de control ecolóxico correspondente.

viernes, 4 de junio de 2010

Un planeador submariño investigará as dinámicas da costa galega

As prospección do robot aportarán información valiosa para o sector marítimo-pesqueiro, tales como predicións sobre o estado do mar ou previsións sobre as derivas das larvas das especies de interese comercial e dos vertidos contaminantes.

É a primeira vez que un dispositivo destas características se despregue en augas galegas. O lanzamento realizouse dende o buque oceanográfico do CSIC Mytilus, situado nun punto de fondeo permanente que o Consello ten habilitado nas proximidades de cabo Silleiro, ó sur da ría de Vigo. A partir deste momento, o planador navegará baixo a auga para trazar perfís entre o fondo mariño e a superficie, dende a costa ata uns 150 km. mar a dentro. Cada vez que o planador saia á superficie, enviará vía satélite datos das condicións físicas da auga (temperatura, salinidade, densidade, contido de clorofila e velocidade da corrente, entre outras).

O seu obxectivo é mostrear os cambios nas condicións físicas da plataforma continental.

A información recollida polo planador será procesada por investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), en Vigo e da Universidade de East Anglia. O seu obxectivo é mostrear os cambios nas condicións físicas que rexistra a plataforma continental durante a temporada de afloramento. Este fenómeno oceanográfico, en xeral estacional, prodúcese cando as masas de auga dos niveis profundos se desprazan ou afloran cara a superficie debido á forza dos ventos e a rotación da Terra.
O interese do estudio radica en que os afloramentos producidos cerca da costa orixinan as zonas pesqueiras máis produtivas, xa que as augas profundas son ricas en nutrientes froito da descomposición da m.o. sedimentada. Cando esta auga se eleva cara a superficie polas correntes, multiplícase a presenza de fitoplacton na zona, o que induce unha maior presencia do resto de especies mariñas.
Os datos que se obteñan serán extensibles ó resto de zonas de afloramento da Península Ibérica e terán aplicacións futuras: ademais de poder predicir a deriva das larvas das especies que se explotan nas pescarías locais ou o dos contaminantes vertidos, poderanse obter melloras na previsión do estado da mar.

Ata 1.000 m de profundidade e sen combustible

O planador submariñoJustificar a ambos lados é capaz de somerxerse a unha profundidade máx. de 1.000 m. Aínda que pesa 52 kg. e mide 2 m de longo, o dispositivo non precisa combustible e carece de hélices, pois emprega a súa flotabilidade para desprazarse. A súa gran autonomía só é complementada por unha batería para alimentar sensores de baixo consumo.
A expedición do robot enmárcase nos proxectos do CSIC CAIBEX (financiado polo Plan Nacional), RAIA (financiado pola Unión Europea, programa INTERREG) e CALIBERA (financiado pola Fundación para a Ciencia e Tecnoloxía de Portugal). O seu obxectivo é poder prognosticar a corto prazo as condición ambientais marítimas.

martes, 25 de mayo de 2010

Regalan semillas modificadas xenéticamente a Haití

A empresa Monsanto regala os agricultores Haitianos 475 semillas modificadas xenéticamente, ademáis dos abono e pesticidas que van asociados a elas, os cales serán distribuidos gratis no proxecto WINNER co respaldo da embaixada de Estados Unidos en Haití.

Os "regalos" chegan xunto co herbicida que contén glifosato, comercialmente chamado Roundup. Producto que ha empresa asegura que é biodegradable, pero que en algunhas zonas déronse casos de contaminación por este producto, o que levou a que altos cargos en contra do fraude haxan denuncia esto en Lyon.

Unha antiga empregada desta empresa, acaba de ser nombrada presidenta da Axencia de Protección do Medio Ambiente (EPA) estadounidense, que controla as cuestións medioambientais.

Monsanto xa empezou a distribuir as súas semillas modificadas xenéticamente en Haití, "xenerosidade" do que a empresa Monsanto está facendo publicidade.
Pero onde está o problema? que os agricultores haitianos que as queiran utilizar no futuro terán que compralas a Monsanto, o qeu significará adios a independencia dos agricultores.

Suporá esto outro "terremoto" para Haití?


Texto orixina

jueves, 20 de mayo de 2010

O executivo comunitario anunciou que levará a España ante o tribunal de xustiza da UE pola falta de depuración das augas residuais en 38 localidades, entre elas está Santiago de Compostela e A Coruña.

A Directiva sobre tratamiento de Augas Residuais Urbanas estableceu ata o 31 de Dedembro do ano 2000 para dotar as poblacións de máis de 15000 habitantes de sistemas adecuados de recollida e depuración das augas residuais urbanas.

A Comisión Europea enviou a España ano ano 2004 a primeira carta amenazando cunha posible sanción. No ano 2008 recibiuse o segundo e último aviso. O Ministerio de Medio Ambiente, Mariño e Rural afirmou que respondeu a este segundo comunicado alegando que na maioría das poboacións as depuradoras estaban xa en execución ou programadas. Ademáis tamén recordou que moitas son de competencia local ou autonómica.
No caso das depuradoras de Santiago e A Coruña ambas foron programadas cando aínda estaba Felipe González no goberno, ambas obras ca chegada de José María Aznar foron frenadas e non se retomaron ata que chegou Rodríguez Zapatero o poder. Aínda así no caso de Santiago só hay redactado un anteproyecto e no caso de A Coruña ademáis de múltiples retrasos por prazos, aínda falta por construir un emisario submarino de casi un kilómetro de lonxitude ...

miércoles, 19 de mayo de 2010

Galicia forma parte da Rede Europea da Paisaxe

A nosa Comunidade Autónoma , dende o 17 de maio, forma parte da Rede de Entidades Locais e Rexinais para o desenrolo do Convenio Europeo da Paisaxe (RECEP).
Así, Galicia asume unha serie de compromisos que se resumen en protexer a riqueza e mellorar a calidade da paisaxe da nosa Comunidade dentro dos criterios que establece o convenio europeo, e que en Galicia centraranse no desenrolar as disposicións contidas na Lei da Paisaxe (aprobada o 7 de xullo do 2008, Lei 7/2008 de protección da paisaxe de Galicia).


As institucións incorporadas a rede comprométense a levar a cabo políticas activas para identificar e calificar as diferentes paisaxes existentes no ámbito e establecer obxectivos de calidade e paisaxisticas para cada un dos modelos catalogados.

O Convenio Europeo da Paisaxe

Este convenio aprobouse no ano 2000 en Florencia. O obxectivo xeral do mesmo é animar as autoridades públicas a adoptar políticas a escala local, rexional, nacional e internacional para protexer, planificar e xestinar as paisaxes europeas con vistas a conservar e mellorar a súa calidade e levar o público, as instalacións e as autoridades locais e rexionais a recoñecer o valor e a importancia da paisaxe e a tomar parte nas decisións públicas relativas o mesmo.

O novo plan do litoral de Galicia, estase olvidando dos obxectivos desde convenio?

martes, 18 de mayo de 2010

España recibe unha certificación EMAS pola xestión ambiental dos seus edificios en Bruselas

O "Complexo de España" comprende os edificios da Representación Permanente de España ante a UE, da Representación ante o Consello da Unión Europea Occidental e o Consulado Xeral de España en Bélxica.

España converteuse no primeiro estado membro da UE que obtén a certificación que premia a boa xestión e auditoría ambiental ó recibir a certificación EMAS ó " Complexo España" en Bruxelas.
A ministra de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, recibiu a acreditación no nome do Goberno de España nun acto de entrega no que estivo tamén presente o Director Xeral de Medio Ambiente da UE.
O "Complexo España" agrupa o edificio da Representación Permanente de España ante a UE, da Representación Permanente de España ante o Consello da Unión Europea Occidental e do Consulado Xeral de España en Bélxica.
A ministra Espinosa destacou ó recibir a acreditación que é esencial que as administracións públicas e as institucións europeas dean exemplo nunha Europa onde os aspectos ambientais teñen cada vez máis relevancia e a obtención do rexistro EMAS é unha boa mostra dilo.
Para a ministra o máis importante de conseguir unha certificación EMAS é que se supón o inicio dun proceso permanente no que cada ano as organizacións rexistradas establecen novos retos ambientais que deben alcanzar.
Elena Espinosa concluíu o manifestando o desexo de que a iniciativa da Misión Diplomática española sirva como exemplo e abra o camiño para que outras Misións se lancen a este reto.
Entre as melloras que supuxo acadar a certificación EMAS para o "Complexo España" foron, entre outras, a redución dun 25% do consumo de electricidade por persoa entre o ano 2008-2009, o establecemento dun sistema de reciclaxe para todos os desfeitos que se producen nos tres edificios, o establecemento dun sistema de transporte común para os desprazamentos do persoal ó Consello e o uso de electricidade verde en todo o Complexo.
A certificación obtida por España é o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais, Eco-Management and Audit Scheme(EMAS), un sistema posto a disposición de empresas e outras organizacións que, de forma voluntaria, desexan evaluar e mellorar o seu comportamento ambiental.
O sistema EMAS está dispoñible para a participación das empresas dende 1995 e aínda que orixinariamente estaba restrinxido a empresas de sectores industriais, dende 2001 EMAS está aberto a todos os sectores económicos incluíndo os servizos públicos e privados.

EMAS e o COMPLEXO ESPAÑA
O proceso para a obtención da acreditación EMAS comezou en outubro de 2007. Polas características especiais do Complexo, edificios da Administración española en territorio belga, proponse a cuestión de cal debía ser a lexislación aplicable.
A decisión foi someter ó Complexo a ambas lexislacións, e así durante o proceso cumpriuse tanto coa regulamentación belga como coa española. Foi un proceso longo e traballoso que contou coa colaboración de todos e cada un dos traballadores da Misión Diplomática que aportaron o seu pequeno gran de area.
Unha vez que o Complexo implantou o seu Sistema de Xestión Medioambiental e verificou o cumprimento de todos os requisitos marcados no Regulamento EMAS, inscribiuse no órgano competente -o Instituto de Bruxelas de Xestión Ambiental (IBGE)-, o cal o pasado día 27 de abril de 2010 comunicou oficialmente a inclusión do Complexo en dito Rexistro.