lunes, 29 de marzo de 2010

En España, seis millóns de persoas apagaron as luces durante a Hora do Planeta WWF

Máis de mil millóns de persoas de todo o mundo participaron o sábado na maior campaña de sensibilización contra o cambio climático. O apagón comezaba nas Illas Chatman (Nueva Zelanda) e acabou nas Illas Cook. En España, 6 millóns de cidadáns apagaron as luces durante a Hora do Planeta de WWF.
Coa Hora do Planeta, WWF conseguiu superar tódolos récords, implicando a máis de 4.000 cidades de 126 países. Pero, ademais, a masiva participación pública e a presencia multitudinaria de millóns de persoas nas rúas, confirman que a Hora do Planeta instaurouse xa no mundo coma o movemento cidadá de referencia e símbolos da loita contra o cambio climático. Aínda que polo momento non se pode facer estimacións oficiais, máis de mil millóns de persoas apagaron as luces e uníronse ás propostas de WWF en esa noite máxica en todo o mundo.
Nas máis de 200 cidades españolas inscritas na campaña que apagaron os seus monumentos e edificios, 6 millóns de persoas deixaron a escuras as súas casas, é dicir, o 10 % dos fogares, e uns 20.000 cidadáns saíron as rúas para celebrar na penumbra a festa do planeta. En Madrid, Barcelona, Granada, Sevilla, Córdoba, León, Guadalaxara, Alicante e Salamanca WWF desplegou as súas actividades. Da mesma forma, xusto despois de escurecer as cidades, un manifesto polo planeta foi lido por tres xeracións, coma mostra da responsabilidade de todos e a necesidade de actuar xuntos. Na capital tamén se celebrou a 1ª Carreira polo Planeta no Parque de Retiro, que contou coa participación dunhas 500 persoas.
Para Juan Carlos del Olmo, Secretario Xeral de WWF España, "Nunca antes na historia unha ONG había mobilizado a tantas persoas á vez no mundo, clamando ó unísono para que se tomen medidas urxentes e eficaces contra o cambio climático. Unha mensaxe que os políticos non poden desoír".
Miguel Ángel Valladares, Director de Comunicación da organización, declarou: " A máxica noite do 27 de marzo, aínda que na penumbra, quedou sempre iluminada coa participación de millóns de cidadáns na maior campaña de mobilización xamais organizada. Un éxito sen precedentes imposible de alcanzar sen a participación comprometida dos medios de comunicación e a difusión online a través das redes sociais".

Medir en tempo real as emisións de gases efecto invernadeiro

Nacións Unidas anunciou a posta en marcha dun novo sistema de medición que permite calcular o tempo rela a cantidade de gases efecto invernadeiro emitidas por cada cidade do mundo, o que permitirá comparar e analizar a actuación de cada localidade en materia de cambi climático.
A medición de gases efecto invernadeiro emitidas polas cidades e as rexións é fundamental para poder establecer e financiar as actividades dirixidas a reducir a contaminacion das cidades.
O 'Greenhouse Gas Standard' establece parámetros comúns para calcular as emisións en base o número de habitantes e permite analizar sectores concretos como o da xeración de enerxía ou o de transporte. Ademáis almacena os niveis rexistrados en cada momento, permitindo unha comparacion máis real entre cidades situadas en diferentes puntos do planeta.

jueves, 25 de marzo de 2010

UGT-Galicia apoia a hora do planeta

Dende UGT-Galicia apoiamos a campaña "La hora del planeta" levada a cabo por WWF. Nela preténdese implicar a máis de mil millóns de persoas e movilizar a 6.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global a acción contra o cambio climático.

A nosa organización -UGT-Galicia- adhírese a esta campaña, comprometéndonos a:
  • Apagar as luces da nosa sede.
  • Difundir esta iniciativa entre os cidadáns
  • Adoptar medidas voluntarias de reducción de emisións de CO2.

martes, 23 de marzo de 2010

Enerxía "verde" mediante o uso de nanotecnoloxía

Científicos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) desenrolaron unha nova fonte de enerxía "verde" tan pequena, que é invisible para o ollo humano. Os investigadores lograron idear, mediante a utilización de nanotecnoloxía, un novo proceso para xerar enerxía non contaminante que podería reducir o tamaño das baterías que empregan os produtos electrónicos ata 10 veces.

Os autores deste traballo investigaban con cables diminutos -nanotubos de carbón- recubertos cunha capa de combustible para xerar unha onda termoeléctrica cando se toparon cunha reacción que podería empregarse para alimentar dispositivos electrónicos, ordenadores ou teléfonos móbiles. Segundo os científicos artífices do descubrimento, isto podería desembocar nun desenrolo das baterías ata 10 veces mais pequenas que as actuais pero coa mesma potencia. No campo da enerxía, ou da enerxía portátil, aínda tratamos de atopar fontes de enerxía que teñan un menor tamaño e que xeren máis enerxía.

Unha fonte de enerxía necesita mover electróns dentro do material dunha punta da batería á outra, para crear así unha corrente eléctrica. A onda termoeléctrica que os científicos do MIT descubriron cos nanotubos de carbón consegue realizar este proceso. Segundo os científicos, algunhas das vantaxes desta tecnoloxía, é que se pode xerar unha gran cantidade de enerxía a partir dun dispositivo "moi pequeno". Ademais, a diferencia da maioría das baterías que hai na actualidade no mercado, que empregan materiais pesados -chumbo, níquel e cadmio-, é inofensiva para o medio ambiente xa que non produce ningún tipo de residuo tóxico.
Os materiais empregados para fabricar estas novas fontes de enerxía son orgánicos. Non crecen de maneira natural no planeta, pero están feitos de carbón. Noutras palabras, pódense queimar, ou ben deixar que se degraden co paso do tempo, pero nunca haberá residuos de metais pesados. Outra das vantaxes desta enerxía é o aforro enerxético xa que neste sentido as baterías actuais desperdician enerxía cando non están en uso, ó contrario do que ocorre con esta nova fonte enerxética.

Faltan 4 días!!! Únete

APAGA A LUZ, ENCENDE O PLANETA



Os resultados do acordo de Copenhague, o pasado mes de decembro, son insuficientes.

Ante esto os cidadáns non nos debemos quedar quietos, a noso reclamo e compromiso faise necesario. Ante esta situación, e como resposta, millóns de persoas participaremos na "Hora del Planeta 2010" de wwf, o movemento global contra o cambio climático.
No 2009 uns mil millóns de persoas de 88 países, incluíndo 73 capitais e 9 das 10 cidades do mundo máis pobladas, unironse a Hora do Planeta apagando as luces dos seus monumentos e edificios máis representativos como símbolo fronte o cambio climático.

Recorda o sábado 27 de marzo do 2010 de 20:30 a 21:30 APAGA A LUZ.
Para máis información desta campaña pincha en:

jueves, 18 de marzo de 2010

A Xeotermia profunda comeza a súa andadura en España

A xeotermia profunda é un recurso enerxético inagotable e respetuoso co medio ambiente que actualmente se atopa en fase de desenrolo no noso país.

A xeotermia profunda trata de aproveitar a calor producida polas profundidades da terra para dous fins. Por un lado a captación de calor para a súa distribución en redes de distrito, para o cal se buscan xacementos de entre 80 e 100ºC e por outro, para a producción de enerxía eléctrica, a través de xacementos con temperaturas superiores ós 100-150ºC, que quentan a auga circulante de tal maneira que se convirte en vapor de auga que move unhas turbinas mediante as cales se xenera electricidade.



A xeotermia profu
nda, como fonte enerxética, non queda por tanto limitada ás zonas volcánicas nin a acuíferos termais, senón que é aplicable en calquera tipo de terreo, coma pode ser o de España, realizando perforacións típicamente entre 3.000 e 5.000 metros de profundidade.
A xeotermia é un recurso enerxético emerxente inagotable, limpo e respetuoso co medio ambiente. Unha fonte de enerxía emerxente que a día de hoxe se atopa aínda en fase de desenrolo en España. As aplicacións xa coñecidas de uso da xeotermia para aplicacións no campo da climatización e aporte de auga quente sanitaria a través de bombas de calor xeotérmicas, hai que engadir polo tanto o potencial da xeotermia profunda.
A empresa Energía Xeotérmica, grazas a un acordo cunha compañía alemá, posicionouse para participar en todos os proxectos que se desenrolen en España, tanto de calefacción de distrito, como para realizar a primeira planta eléctrica procedente da xeotermia profunda no noso país e introducir en España esta tecnoloxía e desenrolar este tipo de plantas que en Alemaña xa están en funcionamento.

lunes, 15 de marzo de 2010

Electrodomésticos verdes

Os electrodomésticos verdes, de baixo consumo ou eficientes son eses aparatos que consumen menos enerxía cós normais porque utilízana eficientemente; ademáis disto tamén consumen menos ozono (os refrixerantes que usan non son clorados) e menos auga.
Os consumidores podemos recoñecelos porque na etiqueta ecolóxica, obrigatoria para todo aparello do fogar que se venda dende o ano 1995 na UE, leva unha letra A (en verde oscuro) que indica un aforro de enerxía do 25% en frigoríficos, conxeladores e lavadoras; un 23% en lavavaixelas e un 7% en secadoras.
Por contra os aparellos que leven a etiqueta G (en roxo) consumen ata un 125% máis que a media; o que aínda que o seu prezo sexa máis barato o longo da súa vida útil, ese aparello poder costar ata tres veces máis caro cos modelos eficientes.
Ademáis das distintas letras indicativas de eficiencia, as etiquetas inclúen, ademáis un texto explicativo sobre os niveis de ruido, o consumo de auga ou a reciclabilidade de materias usados (aínda que estes datos non aparecen de modo comparado como sí ocorre cos códigos enerxéticos de cores e letras).
A historia destes aparellos iníciase a finais dos anos 80, cando algunhas marcas alemanas, lanzáronse a carreira tecnolóxica para mellorar o rendemento enerxético das súas máquinas. Era unha aposta arriesgada porque os aparllos aforraban diñeiro en electricidade e auga a larga, pero a hora de mercalos o seu custe era máis caro. Con todo, o apoio da Comisión Europea (que no ano 1992 publicou a Directiva sobre etiquetado enexético que simplificaba a información o consumidor); así como as subvencións das institucións xermanas, as súas campañas de información e a concienciación ambiental dos alemáns acabarían revolucionando o mercado desde mediados dos anos 90 en Alemania e otros países da UE.
España, Italia e Reino Unido levan un retraso na comercialización desta tecnoloxía e nin tan siquera contan con estadísticas fiables sobre a venta ou utilizacion de electrodomésticos eficientes. Según os fabricantes esto débese a que nestes países non existiron suficientes subvencións e campañas de información por parte das Adminsitracións públicas.
Ata a hoxe a Administración central levou a cabo dous programas de axudas a compra de aparellos eficientes. Está en proxecto un tercer programa que permitirá recuperar unha parte da compra de aparellos A (cun máximo de subvención de 100 euros).